Gregorio Aguirre García
Gregorio María Aguirre García, O.F.M.Disc., nado en Pola de Gordón (provincia de León) o 12 de marzo de 1835 e finado en Toledo o 10 de outubro de 1913, foi un relixioso católico latino leonés, que foi sucesivamente bispo de Lugo (1885 - 1894), arcebispo de Burgos (1894 - 1909) e arcebispo de Toledo (1909 - 1913).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1857 profesou como franciscano descalzo e en setembro de 1859 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Toledo Cirilo de Alameda Brea.
O 27 de marzo de 1885 foi nomeado bispo de Lugo. Recibiu a consagración episcopal o 21 de xuño do mesmo ano de mans do nuncio Mariano Rampolla del Tindaro, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Valladolid Benito Sanz y Forés e ao bispo de Salamanca Tomás Jenaro de Cámara y Castro; a cerimonia tivo lugar na igrexa dos escolapios de San Fernando, en Madrid.
O 21 de maio de 1894 foi nomeado arcebispo de Burgos. Durante o seu pontificado en Burgos, foi tamén a partir do 2 de decembro de 1899 administrador apostólico da diocese de Calahorra e La Calzada. No consistorio do 15 de abril de 1907 o papa Pío X creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni a Porta Latina.
O 29 de abril de 1909 foi nomeado arcebispo de Toledo e patriarca das Indias Occidentais. Finou no cargo o 10 de outubro de 1913, e está enterrado na catedral de Toledo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gregorio Aguirre García |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Aguirre y García, Gregorio María". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Nados en 1835
- Nados na provincia de León
- Finados en 1913
- Relixiosos católicos de España
- Franciscanos descalzos
- Arcebispos católicos de España
- Arcebispos da Igrexa católica latina
- Bispos católicos do século XIX
- Bispos católicos do século XX
- Cardeais de España
- Cardeais creados por Pío X
- Arcebispos e bispos de Burgos
- Arcebispos e bispos de Toledo
- Bispos da diocese de Lugo