Heriberto I de Vermandois
Heriberto I de Vermandois | |
---|---|
Nacemento | c. 850 |
Falecemento | 907 |
Ocupación | relixioso |
Pai | Pepino de Vermandois |
Nai | woman Nibelung |
Cónxuxe | Bertha of Morvois |
Fillos | Heriberto II de Vermandois, Béatrice de Vermandois e Cunegonde von Vermandois |
Irmáns | Pepin, Count of Senlis e Bernard of Laon |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Heriberto ou Herberto I de Vermandois, nado ao redor do 850 e finado entre 900 e 907, foi señor de Péronne e de Saint-Quentin, conde de Soissons, conde de Vermandois e Meaux de 896 ata a súa morte. Era fillo de Pipino e polo tanto neto de Bernardo, rei de Italia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aparece no 877 na corte do rei Carlos II o Calvo e é citado en 889 como fiel do rei Eudes ou Odon I. En 896 converteuse no conde de Vermandois, sucedendo ao nibelúnxida Teodorico, que probabelmente era o seu avó materno. Nos anos seguintes, herdou varios condados (Soissons, Meaux e Vexin), propiedade doutros Nibelunxidas. Este conxunto formou unha marca militar creada no 890 para loitar contra os normandos. Suponse que morreu en 902, asasinado por orde de Balduíno II de Flandres.
A súa esposa é descoñecida. Estudos recentes suxiren que se chamaba Leutgarda e que sería filla do conde de Troyes Adalelmo. Tiveron a:
- Herberto ou Heriberto II (880-943), conde de Vermandois, Meaux e Soissons.
- Beatriz, casada arredor de 895 con Roberto I, rei de Francia († 923).
- Cunegunda, casada arredor de 915 con Odón I, conde de Wetterau.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de la maison d'auguste de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 (ISBN 2-9501509-3-4).