Saltar ao contido

Charmed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Charmed
 Título
Charmed Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
Autoría
 Creador/a
 Compositor/a
 Actores de dobraxe
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
7 de outubro de 1998 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
21 de maio de 2006 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración42 min Editar o valor en Wikidata
Número de episodios178 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas8 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF203743279 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01f3p_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0158552 Filmaffinity: 600379 Allocine: 65 Rottentomatoes: tv/charmed Metacritic: tv/charmed TV.com: shows/charmed
Facebook: charmedtv Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Charmed é unha serie de televisión estadounidense creada por Constance M. Burge e producida por Aaron Spelling e a súa compañía Spelling Television, con Brad Kern como showrunner. A serie emitiuse orixinalmente a través da canle The WB durante oito tempadas dende o 7 de outubro de 1998 até o 21 de maio de 2006. Conta a historia de tres irmás, coñecidas como "The Charmed Ones", as máis poderosas bruxas de tódolos tempos, que usan o seu "poder de tres" combinado para protexer as vidas dos inocentes de forzas do mal como demos e bruxos. Cada irmá posúe poderes máxicos únicos que crecen e evolucionan, ó tempo que tratan de manter unha vida normal na cidade de San Francisco. Manter as súas identidades sobrenaturais separadas e en segredo das súas vidas ordinarias convértese a miúdo nun desafío para elas, xa que a exposición da maxia ten consecuencias de grande alcance nas súas diversas relacións e resulta nunha serie de investigacións do FBI ó longo da serie. Ó principio, a serie enfócase nas tres irmás Halliwell, Prue (Shannen Doherty), Piper (Holly Marie Combs) e Phoebe (Alyssa Milano). Despois da morte de Prue a finais da terceira tempada, a súa medio-irmá Paige Matthews (Rose McGowan) asume o seu lugar no "poder de tres" a partir da cuarta tempada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]