Anxo Rodríguez Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnxo Rodríguez Lemos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
As Fontes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , escritor , docente Editar o valor em Wikidata

Facebook: anxo.rodriguezlemos Twitter: anxo_lemos Instagram: anxorodriguezlemos Dialnet: 5552153 Editar o valor em Wikidata

Anxo Rodríguez Lemos, nado en Fontes (Baíña, Baiona) o 3 de outubro de 1994, é un profesor e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no IES Primeiro de Marzo (Baiona) e graduouse en Historia Moderna pola Universidade de Santiago, con Mestrado en Profesorado, Ciencias Sociais e Humanidades. É Doutor en Historia e contratado postdoutoral da Universidade de Santiago, estando en 2024 de estancia na Universidade de Coimbra e previsto no curso seguinte na Universitá degli studi Roma Tre. Tamén no 2024 é profesor do IV Ciclo Universitario para maiores e do departamento de Cursos Internacionais da USC.[1] Fixo unha estadía de investigación en Italia baixo a titoría de Manfredi Merluzzi na Univerità degli Studi Roma Tre como investigador do Arquivo Apostólico Vaticano.

Foi integrado como investigador nos proxectos do Plan Nacional de I+D+i, dirixidos por Ofelia Rey: Culturas urbanas: as cidades interiores no noroeste ibérico, dinámicas e impacto no espacio rural, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad.[2]

En 2023, con só 28 anos, foi nomeado Cronista Oficial de Baiona:[3] "grazas ao seu traballo, tesón e esforzo, temos ao alcance da man a posibilidade de coñecer o que ocorreu en Baiona ao longo da historia. O seu afán por investigar e a súa obsesión polo dato exacto permitiunos coñecer mellor e poñer luz á historia da nosa vila", en palabras do alcalde.[4] Tomou posesión na Festa da Arribada o 1 de marzo de 2024.[5] Leva recollidos cantares de cego, fotografías antigas, cartas da guerra civil, toponimia etc da contorna de Baiona.

Ten colaborado en Historia de Galicia ("Hei de ir ó Señor San Cosme. A historia dunha romaría do Val Miñor"[6]), Hispania Sacra, Erebea: Revista de Humanidades y Ciencias Sociales, Cousas de: a túa revista.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Toponimia do Val de Fragoso 5. Comesaña (2018). Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística. ISBN 978-84-8158-781-4. 226 páxs.
  • Entre aparicións, promesas e romarías: a relixiosidade nos santuarios galegos da Idade Moderna (séculos XVII-XIX)[7] (2023). Concello de Valga, Departamento de Cultura.[8]
Na exposición en Baiona, 2024

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Soltando amarras. La costa noratlántica ibérica en la Edad Moderna (2009). ISBN 9788497497503. "La devoción de las gentes del mar en los santuarios de Galicia".
  • Sociedade e pobreza: mecanismos e práticas assistenciais (séculos XVII-XX) (2018). ISBN 978-989-755-383-7. "Por no "thener" con que suplir papel, tinta y plumas: fundaciones escolares en el sudoeste gallego".
  • Inventio Mundi: Galicia nas viaxes transoceánicas : séculos XV-XVII (2019). Consello da Cultura Galega. ISBN 9788417802097.
  • Hacer historia moderna: Líneas actuales y futuras de investigación (2020). ISBN 978-84-472-2207-0. "Fomentar devociones: relatos e imágenes en los exvotos de Galicia".
  • Camiños de Coñecemento e Experiencia 2020 (2021). Coord. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-09-28726-0. "Galicia na prehistoria".
  • As mulheres nos caminhos da história (2021). ISBN 978-989-8963-53-6. "La configuración de un modelo de santidad postridentino: Santa Liberata y sus ocho hermanas: Creer en femenino entre Galicia y Portugal".
  • A la sombra de las catedrales: cultura, poder y guerra en la Edad Moderna (2021). ISBN 978-84-18465-07-9. "Tener fortuna con los santos": categorización de los santuarios de la Galicia moderna".
  • Conflictos y tensiones en las sociedades portuarias del norte peninsular (siglos XVI-XIX) (2022). Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-855-5. "Cofradías de tierra y mar en litigio ante la Real Audiencia de Galicia (1548-1834)".
  • Conflictos y resistencias en la Edad Moderna: De los hechos a las palabras (2023). ISBN 9788418567520. "Más allá de sagrado. Control y descontrol en las romerías de Galicia (siglos XVII-XIX)".
  • Los hogares de los mares: la familia en la España marítima, siglos XVI-XIX (2023). ISBN 9788490446423. "Entre o mar de fóra y o mar de dentro: las familias en la Galicia marítima a finales de la Edad Moderna".
  • As paisaxes de sal do Ulló (2023). Tempos Arqueólogos SL. ISBN 978-84-09-49856-7.

Tese de doutoramento[editar | editar a fonte]

  • Religiosidad local en el Noroeste de la Península Ibérica: cultos populares y lugares santos, siglos XVII-XIX (2022). Universidade de Santiago de Compostela. Dirixida por Ofelia Rey Castelao.[9]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2022: Premio Ferro Couselo do Concello de Valga por Entre aparicións, promesas e romarías.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Anxo Rodriguez Lemos Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2024-03-01. 
  2. "Culturas urbanas: as cidades interiores no noroeste ibérico, dinámicas e impacto no espacio rural – Historia Moderna". Consultado o 2024-03-02. 
  3. Pillado, Neli (2023-04-21). "Anxo Rodríguez Lemos, cronista oficial de Baiona a los 28 años". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-03-01. 
  4. Redacción (2023-04-20). "Baiona nombra Cronista de la Villa a Anxo Rodríguez Lemos". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2024-03-01. 
  5. Pillado, Neli (2024-03-01). "O novísimo cronista oficial de Baiona: “A historia da vila é moito máis ca unha Arribada”". Faro de Vigo. Consultado o 2024-03-01. 
  6. Lemos, Anxo Rodríguez (2017-09-26). "Hei de ir ó Señor San Cosme. A historia dunha romaría do Val Miñor". Historia de Galicia. Consultado o 2024-03-01. 
  7. Lemos, Anxo Rodríguez (2022-01-01). "Entre aparicións, promesas e romarías: a relixiosidade nos santuarios galegos da Idade Moderna (séculos XVII-XIX)". XXIII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, Concello de Valga. 
  8. "Un libro para saber como eran as festas entre os séculos XVII e XIX". La Voz de Galicia. 2023-06-22. Consultado o 2024-03-01. 
  9. Rodríguez Lemos, Anxo (2022). "Religiosidad local en el Noroeste de la Península Ibérica: cultos populares y lugares santos, siglos XVII-XIX" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  10. "Anxo Rodríguez gana el Ferro Couselo con una investigación sobre religiosidad y tradiciones". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2024-03-01.