Edel Quinn
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de setembro de 1907 Kanturk |
| Morte | 12 de maio de 1944 Nairobi |
| Causa da morte | tuberculose |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | misioneira |
| Enaltecemento | |
| Descrito pola fonte | Biographical dictionary of Christian missions |
Edel Mary Quinn, nada o 14 de setembro de 1907 e finada o 12 de maio de 1944) foi unha misioneira laica irlandesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Kanturk, no Condado de Cork, Edel Quinn sentiu a chamada á vida relixiosa cando era nova. Coñeceu a Lexión de María a través dunha amiga e aos 20 anos uniuse a ela en Dublín, e traballou axudando aos pobres dos suburbios de Dublín. En 1936, cando tiña 29 anos e estaba enferma de tuberculose, Quinn converteuse en Enviada da Lexión de María, misioneira a África oriental e central. Malia a súa doenza, en sete anos e medio estableceu centos de ramas da Lexión en Tanzania, Kenya, Uganda, Malawi e Mauricio. Morreu en Nairobi e está enterrada alí no cemiterio dos misioneiros.
A súa causa de beatificación foi introducida en 1956. Foi declarada venerable polo papa Xoán Paulo II o 15 de decembro de 1994.