Antonio Pizzuto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Pizzuto
Nacemento19 de maio de 1893
 Palermo, Flag of Italy (1861-1946) crowned.svg Reino de Italia
Falecemento23 de novembro de 1976
 Roma, Italia Italia
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Alma máterUniversidade de Palermo
Ocupaciónescritor
XénerosNovela
editar datos en Wikidata ]

Antonio Pizzuto nado en Palermo o 14 de maio de 1893 e finado en Roma o 23 de novembro de 1976, foi un escritor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia rica, fillo do avogado Giovanni Pizzuto e de Maria, poeta. Estudou na escola Vittorino da Feltre e no instituto Vittorio Emanuele II, onde coñeceu a Salvatore Spinelli. Logo de licenciarse en xurisprudencia en 1915 e en filosofía en 1922 na Universidade de Palermo, fixo carreira na administración pública, comezando na Scuola di Polizia Scientifica, subinspector de Trento, inspector en Bolzano e Arezzo, e finalmente vicepresidente da Comisión internacional de policía criminal (Interpol) con sede a Viena e despacho en Francia, Inglaterra e Alemaña. Xubilouse en 1950, pasando a residir en Roma.

Tradutor do grego e latín, Pizzuto foi tamén un gran coñecedor do inglés, francés e alemán, da que traduciu unha obra de Immanuel Kant[1].

Escribiu numerosas novelas, comezando en 1912 co relato Rosalia. En 1938, co pseudónimo de Heis, publicou a súa primeira novela autobiográfica, Sul ponte di Avignone. Trala súa xubilación comezou a súa época máis frutífera coa serie Memorie di un questore e as colaboracións co periódico Polizia Moderna, para o que escribe relatos, e coa revista filosófica Sophia, onde publica recensións e traducións. En 1959 publica Signorina Rosina grazas ao apoio de Romano Bilenchi e Mario Luzi. Os seus escritos, inicialmente de carácter en certa medida autobiográficos, adoitan ter citas cultas e novidades léxicas, liberándose progresivamente das normas temporais, sintácticas e gramaticais que caracterizan a documentación histórica.

No ano 2007 estrenouse a película de Nosrat Panahi Nejad Antonio Pizzuto 1993-1976.

Algunhas das súas obras foron traducidas ao francés.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Sul ponte di Avignone (1938)
  • Signorina Rosina (1956, 1959)
  • Si riparano bambole (1960)
  • Ravenna (1962)
  • Il triciclo (1962)
  • Paginette (1964)
  • Sinfonia (1966)
  • Natalizia (1966)
  • La bicicletta (1966)
  • Vezzolanica (1967)
  • Nuove paginette (1967)
  • Testamento (1969)
  • Pagelle I (1973)
  • Pagelle II (1975)
  • Giunte e virgole (1975)
  • Ultime e penultime (póstuma, 1978)
  • Giunte e virgole (póstuma, 1996, obra completa)
  • Rapin e Rapier (póstuma, 1998)
  • Così (póstuma, 1998)
  • Spegnere le caldaie (póstuma, 1999)
  • Narrare (póstuma, 1999)
  • Sinfonia 1923 (póstuma, 2005)
  • Giunte e Caldaie (póstuma, 2008)
  • Sinfonia (1927) (póstuma, 2010)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Immanuel Kant, Fondamenti della metafisica dei costumi, (tradución, introdución e notas de Antonio Pizzuto), Edizioni Remo Sandron, Palermo, 1942 (en italiano).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Madeleine Santschi (1986): Portrait d'Antonio Pizzuto, Lausanne: Age d'homme. OCLC 17654211
  • Ruggero Jacobbi (1971): Antonio Pizzuto, Firenze: La Nuova Italia. OCLC 63480035