Antonio Mojón Vázquez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de outubro de 1915 A Caniza |
| Morte | 31 de outubro de 1936 Vigo |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, político |
Antonio Mojón Vázquez, coñecido como Chico, nado na Caniza o 10 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre, foi destinado a Gorgua (Padrenda) en abril de 1936. Militante do PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Caniza. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Tirso Gómez Freijido e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.