Tirso Gómez Freijido
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Tirso Gómez Freijido | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1887 |
Ribadavia | |
Falecemento | 31 de outubro de 1936 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tirso Servando Justino Gómez Freijido, nado en Ribadavia o 1 de febreiro de 1887 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Latoeiro de profesión, militante socialista, foi presidente da Casa do Pobo da Cañiza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Cañiza o 21 de xullo. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en Consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Antonio Mojón Vázquez e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Contemplación Mosquera Mariño[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Tirso Gómez Freijido na páxina web Nomes e Voces.