Justo Moure Giráldez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1908 A Cañiza, España |
Morte | 31 de outubro de 1936 (28 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Justo Moure Giráldez, nado na Cañiza o 19 de agosto de 1908 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Propietario do bar O Paraíso. Militante do PSOE. Era concelleiro e tenente alcalde da Cañiza en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi detido na Cañiza en setembro. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Tirso Gómez Freijido e Antonio Mojón Vázquez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Pardo, Miguel (15/9/2016). "El nieto que ha cumplido el encargo de su abuelo fusilado en 1936" elDiario.es (en castelán).
- Cañiza Republicana (16/8/2007).
- Justo Moure Giráldez na páxina web Nomes e Voces.