Gorgua, San Pedro da Torre, Padrenda
Aparencia
Gorgua | |
---|---|
Parroquia | San Pedro da Torre |
Concello | Padrenda |
Coordenadas | 42°06′26″N 8°08′12″O / 42.107325045828, -8.1365797713974 |
Poboación | 49 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gorgua é un lugar da parroquia de San Pedro da Torre, no concello de Padrenda, na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 49 habitantes (22 homes e 27 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa María de Gorgua. Templo do século XVIII, construído con muros de perpiaños de pedras e planta rectangular con presbiterio máis alto. Sobria fachada con porta adintelada e óculo en forma de trevo. Cornixas curvas nas ramplas e pequena espadana de dous arcos xemelgos, con remates de cruz de pedra sobre corpo de perfil trapecial e pirámides de bolas
- Ermida de Santo Antonio, popular de 1735, e con “cabido”. Sinxelo retablo do século XVIII cun relevo no que aparecen representados Adán e Eva.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Pedro da Torre
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Pedro da Torre no concello de Padrenda (Ourense) | |
---|---|
As Enfornadas | Entrerríos | Esmoriz | Gorgua | Grixó | Vilar | As Viñas |
Parroquias de Padrenda
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 08 de febreiro de 2024.