Antonio Gato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Gato
Nacemento22 de febreiro de 1945
Lugar de nacementoMonterroso
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Edelmiro Gato Soengas, nado en Monterroso o 22 de febreiro de 1945, é un político galego que militou en distintas formacións independentes e de centro-esquerda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É diplomado en Maxisterio e licenciado en Dereito pola UNED. Comezou a súa militancia no Partido Socialista Popular de Tierno Galván en 1973, que acabou formando parte do PSOE. Foi concelleiro nos anos 1979 e 1991-1995 e deputado provincial en 1991. Foi deputado polo PSdeG no Parlamento de Galicia durante as catro primeiras lexislaturas (1981-1997). De 1999 a 2015 foi alcalde de Monterroso e dende 2007 portavoz do PSdeG na Deputación de Lugo. En 2015 perdeu a alcaldía e tres anos máis tarde, no outono de 2018, anunciou a súa baixa no PSOE.

Nas municipais de 2019 presentouse como candidato á alcaldía por un novo partido, Independentes por Monterroso (IxM) e resultou elixido alcalde, se ben sen maioría absoluta. Ao pouco disto, destituíu os tenentes de alcalde do seu partido, e gobernou el só. A finais de 2019, nomeou tenentes de alcalde os edís do PSdeG e CxG.[1] En maio de 2020 viviu outra crise de goberno, a segunda no mandato, e destituíu os concelleiros do PSdeG: quedou no goberno el só co apoio do edil de CxG[2].En xullo de 2020 renunciou ao cabo á alcaldía e abandonou o concello, co que se abriu un proceso para elixir novo alcalde[3].


Predecesor:
Luis Pereiro Vázquez
 
Alcalde de Monterroso
 
1999 - 2015
Sucesor:
Jesús Otero Calvo
Predecesor:
Miguel Rico Gómez
 
Alcalde de Monterroso
 
2019 - 2020
Sucesor:
Rocío Seijas Vázquez

Obras[editar | editar a fonte]

  • O entroido de Casa de Naia, 1992.
  • Francisco Salgado López de Quiroga. Vida e obra poética, 1993.
  • Os muíños de auga na Ulloa, 1998.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]