Saltar ao contido

Antonio Fuertes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tonín Fuertes
Información persoal
Nome Antonio Fuertes Pascual
Nacemento 3 de decembro de 1929
Lugar de nacemento Valencia
Falecemento 5 de xaneiro de 2015
Lugar de falecemento Valencia
Altura 1,72 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1943–1949 Mestalla 41+ (8+)
1949–1951 Valencia 40 (10)
1951–1952 Mestalla 35 (28)
1952–1959 Valencia 146 (48)
1959–1961 Elche 53 (11)
Gandía
Atlético Saguntino
Buñol
Selección nacional
1952 España 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio Fuertes Pascual, tamén coñecido como Tonín ou Toñín Fuertes, nado en Valencia o 3 de decembro de 1929 e finado na mesma cidade o 5 de xaneiro de 2015,[1] foi un futbolista español. Xogaba como dianteiro, e desenvolveu a maior parte da súa carreira no Valencia CF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na pedanía valenciana de Benimámet, fichou polo Valencia CF con só quince anos, pasando a formar parte das categorías inferiores do club. Despois de seis tempadas no CD Mestalla incorporouse á disciplina do primeiro equipo durante a tempada 1949/50, debutando na Primeira División nun encontro fronte ao Athletic de Bilbao en Mestalla, no que marcou o primeiro gol do seu equipo (4-1).

No Valencia xogou un par de tempadas irregulares, nas que non acabou de funcionar, polo que pediu ao técnico, Quincoces, regresar ao filial, que militaba na Segunda División. De novo no Mestalla disputou unha boa tempada, marcando 14 goles na liga regular e outros 14 na fase de ascenso, incluídos catro tantos nun mesmo partido contra o Logroñés na derradeira xornada, culminando así o ascenso a Primeira División. Con todo, o club renunciou a ascender para que os dous equipos da entidade non coincidisen na mesma categoría.

A continuación reincorporouse ao primeiro equipo para a tempada 1952/53, na que foi un dos xogadores máis destacados, marcando 15 goles. Esa tempada, o 12 de outubro de 1952, marcou o gol número 1.000 do Valencia CF na Primeira División. Na tempada seguinte o seu rendemento goleador na liga diminuíu, pero converteuse no heroe da final da Copa do Xeneralísimo de 1954 ante o FC Barcelona, na que marcou dous goles e deu unha asistencia en só media hora, contribuíndo á vitoria do seu equipo.[2]

Despois destas dúas tempadas, permaneceu outras cinco máis no Valencia, aínda que xa non foi un xogador tan decisivo, polo que as súas cifras anotadoras baixaron. O inicio deste declive coincidiu coa chegada ao club dunha figura de categoría mundial, Faas Wilkes, que lle quitou tempo de xogo.

Despois de deixar o Valencia, militou dúas tempadas no Elche, que viña de ascender a Primeira. Os seus últimos anos como futbolista transcorreron en diversos clubs modestos valencianos como o Gandía CF, o Atlético Saguntino ou o Buñol CF.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española nun partido amigable disputado o 7 de decembro de 1952 ante a Arxentina en Madrid, perdendo a selección española por 0-1.[3]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Valencia
  1. "Fallece Antonio Fuertes, ex futbolista de Valencia y Elche". El Mundo (en castelán). 5 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  2. "1953-1954: Campeones de Copa por tercera vez" (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  3. "España 0-1 Arxentina". siguealaroja.es. Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]