Pedanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha pedanía é unha entidade subnacional de carácter territorial que, segundo os países, outorga autonomía de goberno ou control sobre determinados dereitos dos mesmos.

En España é unha entidade local menor dependente dun municipio que pode gozar ou non de maior ou menor autonomía con respecto deste. En todo o Estado español existen máis de 3.000 entidades locais menores. Reciben o nome oficial de pedanías na Rexión de Murcia e na Comunidade Valenciana.