Antonio Fernández Fernández (empresario)
Antonio Fernández Fernández | |
---|---|
Nacemento | 1876 |
Lugar de nacemento | Barreiros, Ortoá, Sarria |
Falecemento | novembro de 1931 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Fillos | Antonio Fernández López e Xosé Fernández López |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Fernández Fernández, coñecido como Antón de Barreiros ou Antón de Marcos, nado en Barreiros (Sarria) en 1876 e finado en novembro de 1931, foi un empresario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Marcos Fernández González, tratante de gando, que iniciou a súa actividade aforros procedentes da emigración a Cuba. O irmán de Marcos, Clemente, foi un dos pioneiros no negocio de embarque de gando vacún cara ao mercado catalán e madrileño, comezando en 1883 co embarque de 40 reses para Madrid desde a estación de tren de Toral de los Vados (León). Clemente deixou o negocio en mans do seu irmán logo de partir cara ao norte de África e investir nas Minas do Rif. Alí foi conselleiro delegado e un dos principais accionistas da Sociedad Española de Minas del Rif, xunto co rei Afonso XIII, o conde de Romanones, o marqués de Comillas e o duque de Tovar. Tamén foi Deputado Provincial de Madrid e Conselleiro do Banco Mercantil e Industrial[1].
O capital de Antonio procedía do tráfico de gando cara á Península Ibérica. Fixo construír un edificio na esquina da praza de Ángel Fernández, deseñado por Eloy Maquieira. Finou en 1931, con 55 anos, nun accidente de circulación.
Vida perosal[editar | editar a fonte]
Foi pai de Antonio, Xosé, Manuel e Concepción Fernández López.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Aniversario del Sindicato Español de Minas del Rif" Arquivado 21 de novembro de 2009 en Wayback Machine., artigo en Melilla Hoy, 6 de xuño de 2007 (en castelán).