Antonio Fernández Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Fernández Fernández

Antonio Fernández Fernández, coñecido como Pavito, nado en Cangas e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un albanel e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albanel veciño de Darbo. Presidente da Sociedade de Oficios Varios adscrita á UGT e militante do PSOE. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con José Gallego Nogueira, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, José Meis Martínez, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con José Gallego, José Mejuto e José Meis o 27 de xullo de 1937.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]