Caracalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonino Caracalla»)
Infotaula de personaCaracalla

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalMarcus Aurelius Antoninus Basianus
Nome póstumoDivus Antoninus Magnus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Lucius Septimius Bassianus Editar o valor em Wikidata
4 de abril de 188 Editar o valor em Wikidata
Lugdunum (Gallia Lugdunensis) Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 217 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Haran (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida de arma branca Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCastelo de Sant'Angelo Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
198 – 8 de abril de 217
← Septimio SeveroMacrino →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , monarca Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFúlvia Plaucila
ParellaJúlia Soémia (pt) Traducir
Júlia Ávita Mameia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAurelia Antonina (en) Traducir
 () Fúlvia Plaucila (pt) Traducir
Heliogábalo, filho ilegítimo (pt) Traducir
 () Sexto Vário Marcelo (pt) TraducirJúlia Soémia (pt) Traducir
Alexandre Severo, filho ilegítimo (pt) Traducir
 () valor descoñecidoJúlia Ávita Mameia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSeptimio Severo Editar o valor em Wikidata  e Júlia Domna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsXeta, Septimia Major (en) Traducir e Septimia Minor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 35109436 Editar o valor em Wikidata
Busto de Caracalla

Marcus Aurelius Antoninus Basianus, nado en Lugdunum, actual Lión, o 4 de abril de 188 e finado o 8 de abril do ano 217, político romano e fillo do entón gobernador da Galia Septimio Severo, foi un emperador romano co nome oficial de Marcus Aurelius Severus Antoninus Augustus. O seu nome de Caracalla fai referencia a unha capa de orixe gala que usaba decote e co alcume pasou á historia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Moi novo, sendo un neno, foi designado césar como herdeiro do trono do seu pai e no ano 211 é correxente con el ao ser nomeado augustus. No ano 202 casou con Plautila, filla do prefecto dos pretorianos Plautiano. Pouco despois acompañou o seu pai nunha visita a Leptis Magna, de onde procedía a súa familia. As discrepancias matrimoniais foron medrando e seica fixeron que Plautiano argallase rematar coa súa vida. Chamado ao pazo imperial, foi asasinado por Caracalla diante do emperador Septimio Severo e os seus fillos, Plautila e Plaucio foron desterrados ás illas Lipari. É a primeira manifestación do seu carácter e o selo que marcaría o tempo que estivo á fronte do Imperio.Pouco despois escomezan a se manifestar as discrepancias co seu irman Xeta, nomeado correxente polo seu pai. Entre os anos 208 e 211 estivo en Britania loitando canda o seu pai, onde falece.

Reinado con Xeta[editar | editar a fonte]

Imperio Romano e provincias no 210

O reinado conxunto con Xeta non chegou ao ano. Acusado de fraticida, o certo é que Caracalla xamais puxo en dúbida o seu dereito primeiro ao trono como vinculeiro, e non aceptou a esixencia de Xeta de rachar o imperio en dous. O exército, fiel do imperio pola política de seu pai, aceptou a Caracalla sen problema ningún. Máis difícil de explicar é a represión que Caracalla exerceu contra dos amigos de Xeta, como a anciá irmá de Cómodo, o seu primo Severo, un sobriño de Marco Aurelio, un curmán de Pertinax, a súa propia muller e o seu cuñado, diversas vestais e incluso certos espectadores que aplaudían un auriga que non pertencía ao equipo favorito do emperador. Se ben a historiografia oficial romana denigrou a Caracalla e tratou de facelo pasar por tolo, non é posíbel demostrar todos estes feitos, e quizais sexa produto da lenda negra e moura coa que pasou á Historia. Caracalla non era un modelo de virtudes. A súa educación, que tiña por modelo un pai e unha nai que non dubidaban en facer o que fose para alcanzar os seus obxectivos, fixo que Caracalla gobernase cun concepto teocrático exaxerado do poder: aínda que mantivo o Consello, o Senado foi obviado en tódalas decisións, e este vingouse non con feitos, mais si con escritos.

O seu reinado inaugurouse con desordes en Alexandría, que foron reprimidos con certa dureza. A Caracalla afectáronlle dun xeito especial estas revoltas, xa que argallara diante do seu pai para mellorar a cidade que fundara Alexandre o Grande, e por quen sentía unha especial devoción. Outras desordes tiveron lugar en Retia e detectáronse casos de abuso de poder na Galia.

Crise[editar | editar a fonte]

Moeda romana dun antoniniano, introducida pola reforma de Caracalla

A crise ecónomica agudizouse, aínda que non era un problema novo posto que se viña arrastrando dende tempos de Marco Aurelio. Aínda con todo pódese culpar a Caracalla de non lle facer fronte á crise. Introduciu unha moeda "branda", o antoniniano, que representaba as ideas ecónomicas daquel tempo. O exército medrou un 50% no seu gasto, o que serviu para recompoñelo e axeitalo ás novas condicións económicas. Outra das medidas ecónomicas foi a ampliación, no 212, da cidadanía romana ao imperio, actuación que se adoptou máis como decisión de política fiscal que con senso social, xa que a recadación dos impostos se facía dun xeito universal e máis xusto dentro do imperio. A idea de Septimio Severo de se apoiar no exército e de facer del unha nova clase media, xunguida á sociedade e non separada como deica entón, non fixo máis ca agravar a crise ecónomica, aínda que non lle supuxo ningún tipo de oposición.

A súa vinculación militar levouno a emprender diversas campañas, primeiro en Xermania, e despois nas loitas sucesorias en Partia. No ano 217 emprende unha campaña en Oriente, máis ca nada con fins propagandísticos, e nunha conxura dos oficiais ao seu mando é asasinado por Macrino entre Edessa e Carrae, o 8 de abril. Discútese ata que punto o Senado estaba ao cabo da conxura, pero foi o gran beneficiado para acadar de novo os privilexios que fora perdendo cos Severos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Imperio Romano

Segue a:
Septimio Severo
Caracalla
Precede a:
Macrino
Dinastía dos Severos