Gregorio Aguirre García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gregorio Aguirre García
Gregorio Cardinal aguirre.jpg
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1835 en Pola de Gordón, León
Pasamento10 de outubro de 1913 en Toledo
Ordes
Ordenación sacerdotalsetembro de 1859, por Cirilo de Alameda Brea
Consagración episcopal21 de xuño de 1885, por Mariano Rampolla del Tindaro
Creado cardeal15 de abril de 1907, por Pío X
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Descalzos
Arcebispo metropolitano de Toledo
Patriarca das Indias Occidentais
Cardeal-Presbítero de San Giovanni a Porta Latina
1909 - 1913
PredecesorCiriaco Sancha y Hervás
SucesorVictoriano Guisasola y Menéndez
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Gregorio María Aguirre García, O.F.M.Disc., nado en Pola de Gordón (provincia de León) o 12 de marzo de 1835 e finado en Toledo o 10 de outubro de 1913, foi un relixioso católico latino leonés, que foi sucesivamente bispo de Lugo (1885 - 1894), arcebispo de Burgos (1894 - 1909) e arcebispo de Toledo (1909 - 1913).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1857 profesou como franciscano descalzo e en setembro de 1859 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Toledo Cirilo de Alameda Brea.

O 27 de marzo de 1885 foi nomeado bispo de Lugo. Recibiu a consagración episcopal o 21 de xuño do mesmo ano de mans do nuncio Mariano Rampolla del Tindaro, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Valladolid Benito Sanz y Forés e ao bispo de Salamanca Tomás Jenaro de Cámara y Castro; a cerimonia tivo lugar na igrexa dos escolapios de San Fernando, en Madrid.

O 21 de maio de 1894 foi nomeado arcebispo de Burgos. Durante o seu pontificado en Burgos, foi tamén a partir do 2 de decembro de 1899 administrador apostólico da diocese de Calahorra e La Calzada. No consistorio do 15 de abril de 1907 o papa Pío X creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni a Porta Latina.

O 29 de abril de 1909 foi nomeado arcebispo de Toledo e patriarca das Indias Occidentais. Finou no cargo o 10 de outubro de 1913, e está enterrado na catedral de Toledo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]