Antikythira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antikythira
Αντικύθηρα
Vista da illa
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
Periferias de GreciaÁtica
ArquipélagoIllas Xónicas
MarMar Exeo
Coordenadas35°52′N 23°18′L / 35.867, -23.300Coordenadas: 35°52′N 23°18′L / 35.867, -23.300
Xeografía
Superficie20´43 km²
Longura máxima10´5
Largura máxima3´5
Punto máis alto378 m.
Demografía
CapitalPotamos
Poboación68 (2011)
Lingua propiaGrego

Antikythera ou Anticythera (tamén escrito como Anticitera ou Antiquitera, grego antigo: Ἀντικύθηρα grego: Αντικύθηρα, literalmente, "xunto a Citera") é unha illa grega situada no bordo do mar Exeo, entre o noroeste de Creta e o sur do Peloponeso. Desde a reforma do goberno local de 2011 forma parte do municipio da illa de Citera.[1]

Anticitera tamén pode referirse ao estreito de Antikythera, a través do cal a auga do Mediterráneo entra no Mar de Creta.[2]

A súa superficie é de 20´43 km², e atópase a 38 km ao sueste de Citera. É a parte máis distante da rexión da Ática do seu corazón na área metropolitana de Atenas. Ten forma de rombo, 10´5 km de NNO a SSE por 3´4 km LNL a OSO. É famosa por ser descuberto alí o mecanismo de Anticitera e do histórico naufraxio de Antikythera.

O seu principal asentamento e porto é Potamós (pob. 18 habitantes no censo de 2001). Os únicos outros asentamentos son Galanianá (pob. 17), e Charchalianá (pob. 9). Anticitera é visitada esporádicamente polas liñas do transbordador Vitsentzos Kornaros na súa ruta entre Pireo (Atenas) e Kissamos-Kastelli en Creta.

Historia[editar | editar a fonte]

Efebo de Anticitera; bronce c. 340-330 a. C., Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas

Os habitantes máis antigos coñecidos (quinto ou cuarto milenio antes de Cristo) foron probablemente cazadores estacionales que viaxaban ata alí para explotar a presenza de aves migratorias. A poboación da illa, cambiou con frecuencia, xa que se habitou e abandonou varias veces, incluíndo un período de influencia significativa da cultura de Creta durante a Idade de Bronce.[3] Na antigüidade, a illa de Anticitera coñéceuse como Aigila ou Ogylos.[4]

Entre os séculos IV e I antes de Cristo, utilizouse como base por un grupo de piratas cilicios ata a súa destrución por Cneo Pompeio Magno. O súa fortaleza aínda se pode ver na cima dun cantil ao NE da illa. A arqueoloxía da illa foi minuciosamente estudada e realizada de xeito aberto para o estudo adicional dos datos.[5]

Antikythera é famosa por ser o lugar do descubrimento en 1902 dos restos do naufraxio de Antikythera,[6] do que foron recuperados o Efebo de Anticitera e o Mecanismo de Anticitera. O mecanismo de Antihythera é o máis antigo sistema mecánico de computación coñecido, datado no 205 a.C.[7] Tal mecanismo é un conxunto de engrenaxes de bronce que permite calcular a posición dos astros nun calendario solar a modo dun astrolabio. Artefactos tecnolóxicos de complexidade similar non apareceron ata mil anos despois.

Fauna[editar | editar a fonte]

Antikythera é tamén un punto moi importante de parada para as aves migratorias durante os seus movementos estacionais, debido á súa posición xeográfica e características determinadas. (unha illa lonxitudinal, dirección norte-sur e moi baixa actividade humana).[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kallikratis law Arquivado 27 de abril de 2017 en Wayback Machine. Greece Ministry of Interior (en grego)
  2. Peter Saundry, C. Michael Hogan & Steve Baum. 2011. Sea of Crete. Encyclopedia of Earth. Eds.M.Pidwirny & C.J.Cleveland. National Council for Science and Environment. Washington DC.
  3. Bevan, A.; Conolly, J.; Tsaravopoulos, A. (2008). "The fragile communities of Antikythera". Archaeology International 10: 32–36. doi:10.5334/ai.1007. 
  4. Reger, G. "Map 57: Aegaeum Mare." In Barrington Atlas of the Greek and Roman World, edited by R. J. A. Talbert. Princeton: Princeton University Press, 2000.
  5. Bevan, A.; Conolly, J. (2012). "Intensive Survey Data from Antikythera, Greece". Journal of Open Archaeology Data 1: 1. doi:10.5334/4f3bcb3f7f21d. 
  6. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Cerigotto". Encyclopædia Britannica 5 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 761. 
  7. Carman, Christian; Evans, James (15 Nov 2014). "On the epoch of the Antikythera mechanism and its eclipse predictor". Archive for History of Exact Sciences 68 (6): 693–774. doi:10.1007/s00407-014-0145-5. Consultado o 1 December 2014. 
  8. The Importance of Antikythira

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]