Anti-Flag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anti-Flag
Anti-Flag1.jpg
Anti-Flag no Warped Tour 2006
Orixe Pittsburgh (Pensilvania), Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1988 - 1989
1993 - actualidade
Xénero(s) punk rock hardcore punk melodic hardcore anarcho punk
Selo(s) discográfico(s) New Red Archives, Go Kart, A-F Records, Fat Wreck Chords, RCA, SideOneDummy
Membros Justin Sane
Chris #2
Chris Head
Pat Thetic
Antigos membros Andy Flag
Lucy Fester
Sean Whelan
Jamie Cock
Páxina web http://www.anti-flag.com/

Anti-Flag (en galego, Anti-bandeira) é unha banda estadounidense de punk rock formada en Pittsburgh (Pensilvania, Estados Unidos) en 1993. A banda é coñecida polas súas letras de contido político e o seu activismo, centrándose no activismo contra a guerra, o anti imperialismo, a loita de clases, os dereitos humanos e varios sentimentos sociopolíticos. O grupo está formado polo vocalista e guitarrist Justin Sane e o batería Pat Thetic, fundadores da banda; máis tarde uniranse o guitarrista Chris Head e o vocalista e baixista Chris Barker (#2), que substitúe a Jamie "Cock" Towns, quen á súa vez substitúe ao baixista orixinal Andy Flag en 1997 logo da súa marcha un ano antes. Anti-Flag tamén é coñecida polo seu apoio a grupos de accións política como Greenpeace ou Amnistía Internacional. Recientemente, a banda declarou solidariedade co movemento global Occupy Together.

É coñecida polas súas letras políticas e idealistas, centrándose no activismo antibelicista ou na crítica ás políticas exteriores dos Estados Unidos. Anti-Flag tamén é coñecida pola súa defensa a grupos progresistas de acción política como Greenpeace e Amnistía Internacional.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezos (1988/1992-1996)[editar | editar a fonte]

Anti-Flag foi formada en 1988 polo vocalista e guitarrista Justin Sane e o batería Pat Thetic. Durante os primeiros anos da banda, varios guitarristas e baixistas se uniron e deixaron a banda, incluíndo a irmá de Justin, Lucy Fester, que formara parte da banda de Chicago, Toothpaste. A banda non tivo éxito e desmoronouse logo dun único concerto. En 1992, Justin e Pat reformaron a banda, agora con Andy Flag no baixo. Un álbum de 17 cancións chamado 17 Cancións foi lanzado ese mesmo ano.

Primeiros tres álbums (1996-1999)[editar | editar a fonte]

En 1996, a banda lanzou o seu primeiro álbum, Die For the Government, con New Red Archives. Andy Flag deixou a banda no verán de 1996 debido a disputas persoais con Justin. Durante un breve período de tempo logo da marcha de Andy en 1996, Sean Wheland da banda Bad Genes de Pittsburgh uniuse no baixo. Foi durante este tempo cando Sean, que estaba tamén tocando noutra banda (57 Defective), presentou ao guitarrista Chris Head ao resto da banda.

A comezos de 1997, o guitarrista de Pittsburgh Chris Head comezou na banda como baixista. A finais do ano, Jamie Cock uniuse tamén como novo baixista, pasando Chris Head á segunda guitarra. A formación actual finalizou en 1999 cando Chris Barker, tamén coñecido como Chris No.2, substituíu a Jamie Cock no baixo.

En 1998, a banda lanzou o seu segundo álbum, Their System Doesn't Work For You. O álbum contiña as nove cancións do álbum de 1996 North America Sucks, así como dez novas cancións inéditas. A banda decidiu lanzar o álbum pola súa conta e Their System Doesn't Work For You convirteuse no lanzamento debut de A-F Records, da propia banda.

En 1999, Anti-Flag lanzou o álbum A New Kind of Army con Go-Kart Records/A-F Records. O álbum trataba temas como a aborción, a corrupción política, o racismo, o fascismo, os problemas da xuventude, a brutalidade policial, e a unidade entre a xuventude americana. A portada contiña un poster coa frase "Demasiado listo para loitar. Demasiado listo para matar. Únete agora. Un novo tipo de exército." Ademais disto, a banda publicou un descargo de responsabilidade na contraportada do álbum dicindo, "Anti-Flag non significa anti-americano. Anti-Flag significa anti-guerra. Anti-Flag significa unidade."

Fat Wreck Chords (2000-2004)[editar | editar a fonte]

En 2000, Anti-Flag foi invitado a participar no Vans Warped Tour. Durante este tempo, os membros da banda coñeceron a Fat Mike, de NOFX, propietario do selo discográfico Fat Wreck Chords. Isto levaría a unha amizade que daría lugar ao lanzamento de dous álbums na discografía por parte de Anti-Flag.

En 2001, Anti-Flag uniuse ao productor de música punk Mass Giorgini para gravar o álbum Underground Network, estreado con Fat Wreck Chords.Pódese dicir que o lanzamento do álbum é a saída da banda do mundo do hardcore a un foco de atención máis comercial. O álbum seguía a tratar problemas como o fascismo (concretamente o neo-Nazismo infiltrándose no "mundo do hardcore") ou a política exterior dos Estados Unidos. O álbum foi o primeiro en conter o agora común folleto cheo de ensaios de historiadores e comentaristas políticos, podendo destacar o Profesor Howard Zinn. En febreiro de 2002, Anti-Flag lanzou o álbum Mobilize con A-F Records. O álbum contiña oito novas pistas de estudio, así como oito pistas en directo de cancións de outros álbums. Na véspera dos ataques terroristas do 11 de setembro nos Estados Unidos, Anti-Flag pronunciouse contra a presión cara a guerra con "911 for peace". Durante este período, moitas tendas de música sacaron os discos de Anti-Flag dos seus estantes, xa que a súa música foi catalogada como "anti-Americana". En 2003, Anti-Flag lanzou o álbum The Terror State con Fat Wreck Chords. O álbum, nun primeiro lugar, centrábase en criticar o tratamento da guerra contra o terrorismo por parte da administración de Bush. De novo, o álbum contiña un folleto cheo de ensaios da banda, así como outros comentaristas políticos. O álbum contén unha canción cuxa letra foi orixinalmente escrita por Woody Guthrie, titulada "Post-War Breakout". A música da pista foi adaptada polos membros de Anti-Flag, xa que Guthrie nunca chegara a presentar os arreglos en papel.

O 8 de outubro de 2004, o representante dos EE.UU. Jim McDermott deu un discurso na Cámara de Representantes, louvando a Anti-Flag polo seu traballo animando ás novas xeracións a rexistrarse e votar.

RCA (2005-2009)[editar | editar a fonte]

En 2005, Anti-Flag asinou un contrato de gravación de dous álbums coa coñecida discográfica RCA. Nunha entrevista co xornal británico The Guardian, Justin Sane explicou o cambio da banda a un selo discográfico maior:

Grandes selos discográficos se acercaron a nós durante os pasados sete ou oito anos, pero pensamos que estabamos a ter un impacto onde estabamos. Non querían darnos control completo. Esta vez quixeron darnos control completo sobre o que grabamos, o traballo artístico, con quen xiramos. Non se nos censurará. Se algunha vez houbo un momento para aproveitar a oportunidade de ser escoitados a gran escala, entón este é o momento. Sinto que levamos sendo unha voz en terra salvaxe moito tempo.

O primeiro destes dous álbums, For Blood and Empire, foi lanzado o 21 de marzo de 2006. O principal tema do álbum é a crítica por parte da banda da mala xestión da guerra contra o terrorismo do goberno dos Estados Unidos. A canción "This is The End (For You My Friend)" do álbum For Blood and Empire aparece no videoxogo Madden NFL 07 e en NHL 07, e apártase do tema da guerra volvendo sobre a xuventude con problemas. Concluíron a súa gran xira "War Sucks, Let's Party" polos Estados Unidos en abril e traballaron en algúns proxectos como a African Well Fund e Start to Finish MS.

Ao londo da carreira de Anti-Flag, moitas outras bandas se engadiron ao listado do propio selo discográfico da banda, A-F Records. Entre elas podemos mencionar The Code, Pipedown, Much the Same, The Vacancy, The Unseen, Modey Lemon, Thought Riot, Tabula Rasa, e outras.

O 25 de novembro, Anti-Flag revelou na súa páxina web que o seu novo álbum se titulaba The Bright Lights of America. Producido por Tony Visconti, foi estreado o 1 de abril de 2008. O single "The Bright Lights of America" foi lanzado exclusivamente en iTunes o 12 de febreiro de 2008. Un vídeo da canción foi estreado unhas semanas despois.

En marzo de 2009, Anti-Flag tivo que cancelar unha serie de datas do tour logo de que Justin Sane rompera a clavícula ao caer mentres saltaba do escenario na UEA LCR en Norwich para parar a un seguidor doutra función que lanzaba obxectos á banda.

SideOneDummy (2009-2014)[editar | editar a fonte]

Comezando o 30 de setembro de 2008, Chris #2 comezou a publicar no seu blogue, en nowarwithoutwarriors.blogspot.com, que a banda comezara a trbaallar no seu sétimo álbum de estudio. O 2 de decembro, Anti-Flag comezou a gravar o seu disco, comezando con "The Economy is Suffering... Let it Die".

O 31 de marzo de 2009, Anti-Flag anunciou que o seu próximo CD, The People or the Gun, sería estreado en SideOneDummy o 9 de xuño de 2009. A banda grabou o álbum nun estudio que eles mesmos construíron. En Anti-Flag.com, a primeira pista do álbum "Sodom, Gomorrah, and Washington DC (Sheep in Shepherd's Clothing)" pode ser escoitada. O 1 de maio de 2009, a banda realizou unha actuación completa de covers de The Clash en Hoodwink en East Rutherford, New Jersey.

En setembro de 2009, Anti-Flag foi preseleccionado para tocar durante unha protesta do G-20 que tiña lugar na súa cidade de orixe, Pittsburgh, pero o promotor cancelou o espectáculo debido a restriccións de estacionamento e presenza policial nas inmediacións do lugar. Porén,a banda seguiu a tomar parte nas protestas persoalmente.

En novembro de 2009, Anti-Flag mostrou o seu apoio ás protestas de estudantes en Viena. Deron un discurso no edificio principal da Universidade de Viena sobre os estudantes, que tomaran o cargo, e tamén un dos representantes do estudantado falou nos seus dous espectáculos en Viena.

En xaneiro de 2010, Anti-Flag completou unha xira completa por EE.UU. co apoio de Aiden e Cancer Bats con varias bandas enchendo outros postos vacantes e bandas locais abrindo a maioría de espectáculos posibles. A xira foi patrocinada por Amnistía Internacional, Peta 2, Greenpeace e Innes Clothing (que apoiaba unha campaña de roupa para indixentes locais e refuxios para a xuventude). A xira polos EE.UU. foi seguida dunha xira australiana, tocando no Soundwave Festival en febreiro de 2010, con bandas como AFI, Paramore, Escape the Fate, A Day to Remember, HIM e outras, así como tocando en dúas datas co apoio de Alexisonfire e Comeback Kid.

Ao longo do verán de 2010, a banda tocou en varios festivais como Ruisrock e Woodstock en Beauce, así como tocou nas últimas datas do Vans Warped Tour en agosto. En setembro de 2010, encabezan a xira polo Canadá co apoio de The Menzingers, seguido do European Vans Off the Wall Music Tour en outubro, con espectáculos secundarios como The Swellers e Pulled Apart by Horses.

O regreso da banda aos escenarios foi en marzo de 2011, mentres encabezaban a xira por Sudamérica con This is a Standoff, e logo apoiando a My Chemical Romance en dúas datas en EE.UU. en abril. Entre maio e xuño de 2011, a banda retornou a Europa para tocar no Slam Dunk Festival, así como apoiando a System of a Down o 2 de xuño en Milán, Italia.

O 21 de xuño de 2011, Justin Sane anunciou que Anti-Flag estaba traballando en material para un novo álbum, que esperaban que fose lanzado ese outono, co nome provisional de Magnum. Sane tamén anunciou que planeaba gravar un novo álbum en solitario no futuro próximo, xa que estivera traballando en algún material orientado ao folk.

A banda estreou o seu álbum, The General Strike, o 20 de marzo de 2012. The General Stike foi grabado e producido no estudio de Anti-Flag. A banda participaría no The General Stike Record Release Tour con The Flatliners e The Have Nots. Tamén estrearon un vídeo para a canción "1915", sobre Joe Hill.

En xuño de 2014 anunciouse que Anti-Flag estaba a punto de lanzar o seu novo álbum, titulado A Document Of Dissent: 1993-2013. O álbum, unha recompilación dos seus lanzamentos dende 1993 a 2013, sería estreado con Fat Wreck Chords, sendo o primeiro lanzamento da banda con este selo discográfico dende The Terror State en 2003. O álbum foi lanzado o 21 de xullo de 2014.

American Spring and American Fall (2015-presente)[editar | editar a fonte]

O 16 de xaneiro de 2015, a banda anunciou que estrearían o seu noveno álbum de estudo titulado American Spring, a través de Spinefarm Records. O álbum foi lanzado o 26 de maio de 2015. Máis tarde en 2015, Anti-Flag lanzou unha álbum recompilación chamado Cease Fires, que contén dúas cancións inéditas das sesións de gravación de American Spring e doce cancións tomadas do seu 20 Years of Hell. Foi estreado o 18 de decembro de 2015. O 14 de agosto de 2017, fronte aos acontecementos do Unite the Right Rally, a banda lanzou unha canción titulada "Racists" na canle de Youtube de Spinefarm Records. O 18 de agosto de 2017, a banda anunciou que un novo álbum titulado American Fall sería lanzado en Spinefarm Records o 3 de novembro de 2017 estrenando unha canción, "American Attraction" do álbum na canle de Youtube do grupo.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Die for the Government 1996 New Red Archives
Their System Doesn't Work For You 1998 A-F Records
A New Kind of Army 1999 Go-Kart Records/A-F Records
Underground Network 2001 Fat Wreck Chords
Mobilize 2002 A-F Records
The Terror State 2003 Fat Wreck Chords
For Blood and Empire 2006 RCA Records
A Benefit for Victims of Violent Crime 2007 A-F Records
The Bright Lights of America 2008 RCA Records
The People or the Gun 2009 SideOneDummy
The General Strike 2012 SideOneDummy
American Spring 2015 Spinefarm Records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]