Alexisonfire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexisonfire
Alexisonfire live.JPG
Orixe St. Catharines, Flag of Canada.svg Canadá
Período 2001 - 2011
Xénero(s) post-hardcore, hardcore melódico
Selo(s) discográfico(s) Distort Entertainment, Dine Alone Records, Vagrant Records, Sore Point Records
Membros George Pettit
Dallas Green
Wade MacNeil
Chris Steele
Jordan Hastings
Antigos membros Jesse Ingelevics
Web oficial theonlybandever.com


Alexisonfire foi unha banda de post-hardcore formada en St. Catharines, Ontario, Canadá durante o ano 2001. O nome da banda separado é "Alexis On Fire" (Alexis ardendo) e non "Alex Is On Fire" (Alex está ardendo). O grupo está composto por George Pettit (voces), Dallas Green (guitarra, piano, voces), Wade MacNeil (guitarra, voces), Chris Steele (baixo) e Jordan Hastings (batería).

Historia[editar | editar a fonte]

Alexisonfire son cinco amigos que decidiron formar unha banda a finais do ano 2001 despois da ruptura doutras tres bandas. Eles tocaron o seu primeiro concerto en Niagara Falls, Ontario, nese mesmo ano. O seu nome é unha especie de homenaxe a Alexis Fire, streaper e actriz estadounidense. Este feito causoulles problemas cando ela descubriu que estaban usando a súa páxina web como nome do grupo, e ameazou con demandalos. Porén, descubriron que o nome non estaba rexistrado, e a cousa non foi máis lonxe. A banda editou o seu primeiro EP, Math Sheet Demos, no 2002, que foi chamado así porque a portada do CD eran os deberes de matemáticas do antigo batería Jesse Ingelevics. A banda chamou a atención do enxeñeiro de son Greg Below e do xornalista de Montreal Mitch Joel. A parella estaba formando o selo Distort Entertainment por esa época, e casualmente andaban na procura de artistas.

O 9 de setembro do 2002 Alexisonfire foi editado. Aínda que tiñan un contrato de distribución coa EMI, o éxito do álbum foi, sobre todo, atribuído ao boca-a-boca. A banda preparouse para promocionar o traballo, atravesando Canadá dúas veces, e introducíndose nas escenas estadounidense e europea, tocando xunto con Billy Talent, GWAR, Juliana Theory, Godsmack e Glassjaw. O grupo comezou a tomalo máis como unha ocupación a tempo completo que como un entretemento. Finalmente, Alexisonfire chegaría a vender máis de 50.000 copias, sendo certificado como disco de ouro en Canadá.

Alexisonfire conseguiu a atención de varios grandes selos debido ao éxito do seu primeiro álbum. No entanto, cando comezaron a pensar en faceren un segundo traballo, a banda sentiu que, por razóns artísticas, debían permanecer independentes, xa que así terían máis posibilidades de se desenvolveren e decidiren que dirección tomar. Eles seguiron con Distort Entertainment, e a pesar de teren un produtor famoso, gravaron o álbum con Julius Butty no seu estudio preto de Hamilton, Ontario.

Watch Out! foi editado o 29 de xuño do 2004, e foi un éxito decontado. O álbum estreouse no número 6 da Nielsen SoundScan Top 200, e foi ouro en Canadá en doce semanas. As boas críticas debéronse a que a banda se centrou máis nos 18 meses de xira, permitíndolles pulir ben os temas en comparación co primeiro álbum, no que estaban máis no aire.

O 22 de agosto do 2006 a banda editou o seu terceiro álbum, Crisis. O lanzamento coincidiu cunha festa onde a banda actuou nun barco en Londres. Para a promoción do mesmo, a banda saíu de xira por Canadá con Every Time I Die, Cancer Bats e Attack in Black. Unha vez rematada seguíulle outra xira polos Estados Unidos con Moneen, Cancer Bats e A Change of Pace.

Nese ano tamén recrutaron un segundo guitarrista, chamado Corbin Beard, que segue traballando con eles na actualidade.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

  • Math Sheet Demos - 2002
  • Pink Heart Skull Sampler - 2002
  • Brown Heart Skull Sampler - 2004
  • The Switcheroo Series: Alexisonfire vs. Moneen - (Coa banda Moneen) 2005

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]