Anthony Johnson
Axente Libre | |
Posición | Base |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 2 de outubro de 1974 (50 anos) Charleston, Carolina do Sur |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Stall, Charleston |
Universidade | College of Charleston |
NBA Draft | 1997 / Rolda: 2 / Elección: 40 Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 1997 |
Historial de equipos | |
Sacramento Kings (1997–1998) Atlanta Hawks (1998–2000) Orlando Magic (2000) Atlanta Hawks (2000–2001) Cleveland Cavaliers (2001) New Jersey Nets (2001–2003) Indiana Pacers (2003–2006) Dallas Mavericks (2006–2007) Atlanta Hawks (2007–2008) Sacramento Kings (2008) Orlando Magic (2008-2010) | |
Información en nba.com |
Anthony Mark Johnson, nado o 2 de outubro de 1974 en Charleston, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense actualmente sen equipo, sendo o último no que xogou os Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 xoga na posición de base.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Tras liderar ao Instituto Stall de Carolina do Sur ao campionato AA de fútbol americano, Johnson recibiu unha bolsa de baloncesto do College of Charleston, onde o seu irmán máis vello Steven sobresaíu anos antes. No seu ano sénior, foi nomeado xogador do ano na súa conferencia e liderou a Charleston ao torneo da NCAA.
NBA
[editar | editar a fonte]Johnson foi o primeiro xogador de College of Charleston en ser elixido no Draft da NBA, seleccionado polos Sacramento Kings na 40ª posición da segunda rolda en 1997. Na súa primeira tempada na liga fixo unha media 7.5 puntos en 62 encontros. Nas seguintes campañas xogaría nos Atlanta Hawks, Orlando Magic, Cleveland Cavaliers e New Jersey Nets, sen pasar de ser un xogador das profundidades do banco ou incluso temporal. Na 2003-04 fichou polos Indiana Pacers, onde a súa traxectoria rexurdiu, cunha media de 22 minutos de xogo e 6.5 puntos por partido. Pasou dúas tempadas máis en Indiana, onde acadou máis de 27 minutos e 9 puntos de media.
Nos playoffs de 2006, Johnson realizou o mellor partido da súa traxectoria anotando 40 puntos ante os New Jersey Nets no sexto encontro da primeira rolda.
En verán de 2006, foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio do base Darrell Armstrong, e os aleiros Josh Powell e Rawle Marshall. Durou pouco no equipo, xa que o 22 de febreiro de 2007 enviárono aos Atlanta Hawks por unha elección de segunda rolda do draft, cumprindo a súa terceira etapa nos Hawks da súa traxectoria.
O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Shelden Williams, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby. Tras xogar ata final da tempada nos Kings, Johnson fichou por Orlando Magic por dúas tempadas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en NBA.com de Anthony Johnson (en inglés)
- Estatísticas de Anthony Johnson Arquivado 22 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings
- Bases de baloncesto
- Nados en Charleston, Carolina do Sur