Adonal Foyle
Adonal Foyle | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 31 (30) |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 122 kg (270 lb) |
Nacemento | 9 de marzo de 1975 (48 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Colgate |
NBA Draft | 1997 / Rolda: 1 / Elección: 8 Por Golden State Warriors |
Tempadas | 1997–2010 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 2 989 (4,1 pp) |
Rebotes | 3 461 (4,7 pp) |
Tapóns | 1 193 (1,6 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Adonal David Foyle, nado o 9 de marzo de 1975 en Canouan, San Vicente, é un ex xogador profesional de baloncesto de San Vicente e as Granadinas que xogou para os Golden State Warriors, Orlando Magic e Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,08 metros xogaba na posición de pivote.
Carreira[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Foyle asistiu á Universidade de Colgate, onde foi o máximo reboteador da historia da universidade e segundo máximo anotador. Abandonou a NCAA como máximo taponador de todos os tempos con 492, a pesar de xogar tres tempadas (Wojciech Myrda bateu a súa marca en 2002).
NBA[editar | editar a fonte]
Foi seleccionado no Draft da NBA de 1997 na oitava posición por Golden State Warriors. Ao longo da súa carreira ha promediado 4.5 puntos e 1.9 tapóns por partido, finalizando entre o dez máximos taponadores por partido da tempada en tres ocasiones. En xullo de 2004, os Warriors renovaron a Foyle por seis anos a razón de 42 millóns de dólares. O contrato foi criticado polos afeccionados, considerando que era demasiado excesivo para un xogador que participaba ao redor de 20 minutos por partido, e que ofensivamente era moi limitado. Nas dúas últimas tempadas, Foyle perdeu o rol de titular a favor de tres xogadores diferentes, entre eles o mozo Andris Biedrins. Na campaña 2005-06, fixo 4,5 puntos, 5,5 rebotes e 1,6 tapóns en 23,7 minutos por noite, mentres cobraba 7 312 500 $. En agosto de 2007 ficha por Orlando Magic como axente libre. O 19 de febreiro de 2009 foi traspasado a Memphis Grizzlies, aínda que non tardaría en regresar a Florida, onde actualmente forma parte do cadro, mais está inactivo.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en nba.com
- Estatísticas de Adonal Foyle Arquivado 08 de maio de 2010 en Wayback Machine.