Antón Louro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antón Louro
(Antón Louro) Fernández de la Vega preside las tomas de posesión de los delegados del Gobierno de Madrid y Galicia. Pool Moncloa. 28 de abril de 2009.mageF (cropped).jpeg
Nacemento15 de marzo de 1952
 Lira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Louro Goyanes, coñecido como Antón Louro, nado en Lira o 15 de marzo de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor de instituto ata a súa dedicación completa á política. Foi subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia no goberno de González Laxe (1989-1990) e posteriormente concelleiro en Pontevedra.

Foi deputado no Parlamento de Galicia dende 1997 ata 2004, momento en que accedeu ao Congreso dos Deputados de Madrid en representación da provincia de Pontevedra. No Congreso é presidente da comisión de Fomento e secretario de Política Institucional do PSOE. Tamén foi secretario de organización dos socialistas galegos, o que se entende como o segundo posto en escalafón do partido en Galicia.

Na actualidade é ademais Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo no Concello de Pontevedra.


Predecesor:
?
 Escudo de Pontevedra.svg
concelleiro de promoción económica de Pontevedra
 
2007-2011
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Manuel Ameijeiras
 Delegado do goberno en Galicia 
2009-2011
Sucesor:
Miguel Cortizo

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casado e ten unha filla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]