Saltar ao contido

Jesús Tallón Maceira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Tallón Maceira
Biografía
Nacementoc. 1950 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Vedra, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Estrada
1991 – xuño de 1992 (moción de censura)
← Elvira Fernández DíazRamón Campos Durán → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Jesús Tallón Maceira, nado en Vedra cara a 1950, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre, tras exercer en varias localidades en 1984 instalouse na Estrada[1]. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía da Estrada e foi elixido concelleiro. Nas eleccións municipais de 1991 volveu encabeza-la candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto coa Agrupación Independiente de A Estrada de Ramón Campos Durán e o BNG. Este tripartito durou menos dun ano, debido a que existiron negociacións entre o PP e a formación de Ramón Campos, que deron como resultado que Ramón Campos acadou a alcaldía co apoio do PPdeG en xuño de 1992 mediante unha moción de censura e se integrou na formación conservadora. Volveu encabeza-la candidatura socialista nas municipais de 1995, e se ben mellorou os seus resultados, non conseguiu recupera-la alcaldía logo de que o PPdeG lograse a maioría absoluta, polo que continuou como portavoz municipal e concelleiro ata 1999. Foi Secretario de Organización do PSdeG baixo o mandato de Paco Vázquez entre 1994 e 1998.

Tras un tempo apartado da primeira liña política, en outubro de 2006 volveu como Secretario Xeral do PSdeG na Estrada, paralelamente coa designación do seu anterior número 2 no concello José Antonio Dono como candidato á alcaldía para as municipais de 2007[2]. Dono lograría a alcaldía en 2007. Permaneceu como Secretario Xeral ata 2012.


Predecesor:
Elvira Fernández
 
Alcalde da Estrada
 
1991 - 1992
Sucesor:
Ramón Campos Durán

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]