Luis Gómez Piña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Gómez Piña
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Deputado do Parlamento de Galicia
Alcalde da Cañiza
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Luis Antonio Gómez Piña, nado en Lisboa o 7 de setembro de 1969, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Política municipal[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE na Cañiza e foi elixido concelleiro na oposición. Nos seguintes comicios foi mellorando progresivamente os seus resultados, pasando de 1 concelleiro a 2 en 1995 e 1999, 4 en 2003, 5 en 2007 e 2011 e 6 en 2015 e 2019. Nesta última convocatoria electoral o PPdeG perdeu a maioría absoluta, polo que foi elixido alcalde grazas a un pacto co único concelleiro de Ciudadanos[1]. Nas eleccións municipais de 2023 revalidou a alcaldía con maioría absoluta ó lograr 7 concelleiros.

Política nacional e autonómica[editar | editar a fonte]

Foi deputado no Congreso dos Deputados dende o 28 de abril de 2009 en substitución de Antón Louro[2], permanecendo no cargo ata o final da lexislatura en 2011. Trala finalización do seu mandato como parlamentario estatal, accedeu a un escano no Parlamento de Galicia en substitución de Guillermo Meijón a finais de 2011[3], permanecendo ata o final de dita lexislatura en 2012.

Foi Secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra a partir de outubro de 2009, ata a súa renuncia en xaneiro de 2012. Dende xaneiro de 2018 volveu a ocupar dito posto[4], no cal se mantivo tralo congreso de febreiro de 2022.


Predecesor:
Miguel Domínguez Alfonso
 
Alcalde da Cañiza
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]