Teresa Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teresa Casal
Nacemento1948
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Teresa Casal García, nada en Pontevedra en 1948 é unha política galega do PSdeG. É licenciada en Dereito e secretaria do centro da UNED en Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou ao PSdeG como independente desde posicións galeguistas. Presentouse como cabeza de lista co PSdeG nas eleccións municipais de 2003. Tras acadar un pacto co BNG, Miguel Anxo Fernández Lores foi reelixido alcalde e Teresa Casal foi nomeada primeira tenente de alcalde e concelleira de Promoción Económica. Tralas eleccións de 2007 foi reelixida tenente de alcalde. En setembro de 2010 anunciou que non se ía presentar ás eleccións de 2011[1]. En novembro dese mesmo ano anunciou a súa retirada da política ao serlle diagnosticado un cancro de mama[2].

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.