Anne Vallayer-Coster
Anne Vallayer-Coster | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de decembro de 1744 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 28 de febreiro de 1818 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | Francia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña |
Ocupación | pintora |
Coñecida por | Summer, Spring e Winter |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anne Vallayer, de casada Coster, nada en París o 21 de decembro de 1744 e finada no mesmo lugar o 28 de febreiro de 1818, foi unha pintora francesa.
Filla dun ourive, estudou con Madeleine Basseporte e Claude Joseph Vernet. Foi admitida na Academia Real de Pintura e Escultura en 1770 como pintora de bodegóns, e expuxo no Salón do ano seguinte. En 1781 casou con Jean-Pierre-Sylvestre Coster, avogado do Parlamento. Continuou a súa carreira con éxito até a súa morte, converténdose en xefa de gabinete de pintura da raíña María Antonieta e a súa profesora de deseño. Especialista en retratos e bodegóns, tamén se distinguiu na pintura de xénero e nas miniaturas.
Obras[editar | editar a fonte]
- Instruments de Musique (1770).
- Les Attributs da Peinture, de la Sculpture et de l'Architecture (1770).
- Portrait de Joseph-Charles Roettiers (1777).
- Nature morte au Homard (1817).
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marianne Roland Michel, Anne Vallayer-Coster, 1744-1818, París, Comptoir international du livre, 1970.
- Marianne Roland Michel, Eik Kahng, Collectif, Anne Vallayer-Coster. Peintre à la cour de Marie-Antoinette, Marseille, Yale University Press, 2003.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anne Vallayer-Coster ![]() |