Avanti ¡que pase el siguiente!
Avanti ¡que pase el siguiente! | |
---|---|
Formato | Concurso |
Duración | 85 min. aprox. |
Producido por | Gestmusic Endemol |
Presentado por | Carlos Sobera |
Localización(s) | Barcelona |
Cadea | Antena 3 |
Día da estrea | 27 de abril de 2012 |
Última emisión | 3 de agosto de 2012 |
Nº de temporadas | 1 |
Nº de episodios | 13 |
Na rede
| |
http://www.antena3.com/programas/avanti/ | |
Avanti ¡que pase el siguiente! foi un programa de televisión emitido por Antena 3, presentado por Carlos Sobera, que se emitía a noite dos venres en prime time en España. A súa mecánica pode recordar ao mítico concurso Un, dos, tres... responda otra vez. Empezou as emisións o 27 de abril do 2012, substituíndo así, a versión semanal de Atrapa un millón.
Terminou o 3 de agosto do 2012, xa que a cadea española Antena 3 decidiu paralizar as gravacións do programa debido ás baixas audiencias que ultimamente estaba rexistrando o programa, aínda que a cadea estaría estudando facer unha versión diaria en substitución de Atrapa un millón.[1]
Tratábase dunha adaptación do concurso italiano Avanti un altro!.[2]
Equipo
[editar | editar a fonte]- Presentadores
- Carlos Sobera (2012)
- Angy Fernández (2012)
- Colaboradores
- Mag Lari (2012)
- Invitados
- Santiago Segura (27/04/2012, 01/06/2012 e 15/06/2012)
- Carlos Latre (04/05/2012)
- Arturo Valls (11/05/2012 e 22/06/2012 e 20/07/2012)
- Leo Harlem (18/05/2012)
- Santi Rodríguez (08/06/2012)
- Chenoa (22/06/2012)
- Josema Yuste (29/06/2012)
- Miki Nadal (06/07/2012)
- Àngel Llàcer (13/07/2012)
- David Fernández Ortiz e Edu Soto (03/08/2012)
Mecánica do xogo
[editar | editar a fonte]O formato non é un concurso ao uso, senón que mestura preguntas de coñecemento con espectáculo.[3] Os concursantes esperan de pé a súa quenda para participar na "cola". Cando son elixidos, distintos colaboradores poden interromperlles para facer o que queiran: cantar, preguntar etc.
O gañador provisional sitúase nunha cadeira de brazos esperando ao participante que supere a súa marca, ou lle rete a un duelo.[4] Unha vez chegue alguén que logre mellorar esa cifra, perde ese "trono" en favor do novo gañador provisional, algo que pode cambiar no último minuto.
Audiencias
[editar | editar a fonte]Data | Programa | Invitados | Espectadores | Share | Premio final |
---|---|---|---|---|---|
27/04/2012 | Programa 1 | Santiago Segura | 2 594 000 | 14,6% | 41.000 € |
04/05/2012 | Programa 2 | Carlos Latre | 2 268 000 | 12,6% | 21.000 € |
11/05/2012 | Programa 3 | Arturo Valls | 2 265 000 | 13,9% | 0 € |
18/05/2012 | Programa 4 | Leo Harlem | 1 471 000 | 8,8% | 94.000 € |
01/06/2012 | Programa 5 | Santiago Segura | 1 907 000 | 12,2% | 315.000 € |
08/06/2012 | Programa 6 | Santi Rodríguez | 1 784 000 | 11,8% | 25.000 € |
15/06/2012 | Programa 7 | Santiago Segura | 1 350 000 | 9,5% | 81.000 € |
22/06/2012 | Programa 8 | Arturo Valls e Chenoa | 1 441 000 | 10,7% | 51.000 € |
29/06/2012 | Programa 9 | Josema Yuste | 1 294 000 | 9,7% | 54.000 € |
06/07/2012 | Programa 10 | Miki Nadal | 1 350 000 | 10,5% | 69.000 € |
13/07/2012 | Programa 11 | Àngel Llàcer | 1 352 000 | 10,8% | 95.000 € |
20/07/2012 | Programa 12 | Arturo Valls | 1 211 000 | 9,9% | 0 € |
03/08/2012 | Programa 13 | David Fernández e Edu Soto | 1 007 000 | 8,7% | 71.000 € |
- Programa líder na súa franxa horaria (prime time).
- Récord histórico de audiencia.
- Mínimo histórico de audiencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carlos Sobera: "Avanti melloraría en diario, é probable que o fagamos"". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2012.
- ↑ "Carlos Sobera ficha a Angy Fernández para o seu «concurshow» «Avanti»". La Razón. 25 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 29 de novembro de 2012.
- ↑ "Carlos Sobera estrea ‘Avanti’, un concurso ao estilo de ‘Un, dos, tres’". Diario de León. 27 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2012.
- ↑ "Carlos Sobera e Angy presentan ante Pablo Motos e 'El Hormiguero 3.0' o novo 'concurshow' de Antena 3, 'Avanti'". El Norte de Castilla. 25 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en castelán)
- Sitio web do programa no sitio da produtora Arquivado 07 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)