Anfisbenios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anfisbenios
Amphisbaenia
Anfisbenas

Rango fósil: Cretáceo - actualidade
(99 – 0 Millóns de anos)[1]
Iberian worm lizard.jpg
A cobra cega (Blanus cinereus),
a única especie europea da suborde
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Orde: Squamata
Suborde: Amphisbaenia
J. R. Gray, 1844
Área de distribución dos anfisbenios

Área de distribución dos anfisbenios
Familias
Véxase o texto

A dos anfisbenios (Amphisbaenia), tamén chamados anfisbenas,[2] ou cobras cegas,[3] é unha suborde peculiar e poco coñecida de réptiles escamosos adaptados á vida no subsolo.

Son de pequeno tamaño (a maioría das especies miden menos de 15 cm) de lonxitude. Como as serpentes, carecen de patas (agás as especies do xénero Bipes, que aínda conservan o par anterior), polo que superficialmente son parecidas a miñocas de terra, e presentan claras adaptacións ao medio subterráneo, como a capacidade de escavar e desprazarse pregando a súa pel como un acordeón. A súa cabeza, maciza, sen oído externo e cos ollos atrofiados, fai que se distinga mal do extremo oposto do corpo.

Son capaces de desplazárense tanto en dirección cara a adiante como cara a atrás, e por iso déuselles o nome de Amphisbaenia ("os que van en dúas direccións").

Coñécense unhas 190 especies, a maior parte delas en África e América do Sur.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O grupo foi descrito en 1844 polo naturalista británico John Edward Gray, que lle outorgou a categoría de orde.[4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Amphisbaenia Gray tomouno da raíz do nome da serpe monstruosa da mitoloxía grega Anfisbena (en grego antigo Ἄμφισβαίνα Amphisbaína, de ἀμφίς amphís, "dos dous lados", e βαίνω baínō, "andar", "moverse", transcrita en latín clásico como Amphisbaena.[5] coa adición do sufixo -ia, indicando plural.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Moitos dos autores na actualidade recoñecen na suborde as seis familias seguintes:

Filoxenia[editar | editar a fonte]

O seguinte cladograma mostra as relacións filoxenéticas entre as seis familias de anfisbenas determinadas por análises filoxenética de xenes mitocondriais e nucleares por Vidal et al. (2008).[9]

Amphisbaenia

Rhineuridae (Florida)

Blanidae (Rexión Mediterránea)

Cadeidae (Cuba)

Bipedidae (México)

Trogonophidae (África, Oriente Medio)

Amphisbaenidae (África, Suramérica, Caribe)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wu X.-C.; D. B. Brinkman, A. P. Russell, Z.-M. Dong, P. J. Currie, L.-H. Hou, & G.-H. Cui (1993): "Oldest known amphisbaenian from the Upper Cretaceous of Chinese Inner Mongolia." Nature 366: 57–59.
  2. anfisbena, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 82. Real Academia Galega.
  4. & Gray, J. E. 1844, p. 68.
  5. amphisbaena no Merriam-Websrer Unabriged Dictionary,
  6. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Amphisbaenidae (TSN 209627)" (en inglés). 
  7. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Bipedidae (TSN 564539)" (en inglés). 
  8. "Blanidae". Dahms Tierleben. www.dahmstierleben.de.
  9. 9,0 9,1 Vidal, N.; Azvolinsky, A.; Cruaud, C. & Hedges, S. B. (2008): "Origin of tropical American burrowing reptiles by transatlantic rafting". Biology Letters 4 (1): 115–118.
  10. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Rhineuridae (TSN 564535)" (en inglés). 
  11. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Trogonophidae (TSN 209638)" (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Branch, W. R. (2004): Field Guide to Snakes and Other Reptiles of Southern Africa. Third Revised edition, Second Impression. Sanibel Island, Florida: Ralph Curtis Books. 399 pp. ISBN 0-8835-9042-5. (Suborde Amphisbaenia, pp. 201–202.)
  • Gans, C. (2005): "Checklist and Bibliography of the Amphisbaenia of the World". Bull. American Mus. Nat. Hist. 289: 1-130.
  • Goin, C. J.; O. B. Goin & G. R. Zug (1978): Introduction to Herpetology, Third Edition. San Francisco: W.H. Freeman and Company. xi + 378 pp. ISBN 0-7167-0020-4. (Suborde Amphisbaenia, pp. 276–278.)
  • Gray, J. E. (1844): Catalogue of the Tortoises, Crocodiles, and Amphisbænians, in the Collection of the British Museum. London: Trustees of the British Museum. (E. Newman, printer.) viii + 80 pp. (Orde "Amphisbænia", p. 68.)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]