Andrzej Sapkowski
Andrzej Sapkowski | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1948 |
Lugar de nacemento | Łódź |
Nacionalidade | Polonia |
Alma máter | Universidade de Łódź |
Ocupación | escritor |
Coñecido por | Wiedźmin, Tempo do Desprezo, O Último Desejo e A Torre da Andorinha |
Premios | Medal for Merit to Culture, Ignotus Award for Best Anthology, Paszport Polityki, sen etiquetar e Janusz A. Zajdel Award |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrzej Sapkowski, nado en Łódź en 1948, é un escritor polaco. O seu estilo de escritura é fluído e directo, adaptando a linguaxe popular da Polonia actual. As súas principais obras son de temática medieval cun enfoque que vai desde a novela histórica até a fantástica, pero sempre influenciadas pola cultura eslava e as narracións tradicionais.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Entre as súas obras máis populares está a saga do "bruxo" Geralt de Rivia que consta de sete volumes. A súa primeira historia, Wiedźmin foi publicada na revista Fantastyka en 1986 e acadou un grande éxito que levaría á continuación da saga de Geralt.
A saga de Geralt foi levada ao cine (Wiedźmin, dirixida por Marek Brodzki, 2001), á televisión en forma de serie e foi tamén reescrita coma banda deseñada. Tamén ten unha adaptación ao mundo dos videoxogos (The Witcher, 2007) e outra coma xogo de rol de mesa.
Sapkowski ten gañado cinco premios Zajdel por diversas historias: O mal menor (Mniejsze zło) (1990), A espada do destino (Miecz przeznaczenia) (1992) e as novelas No cráter da bomba (W leju po bombie) (1993), O sangue dos elfos (Krew elfów) (1994) e Narrenturm (2002). Esta última constitúe o inicio dunha serie de novelas de ambientadas nas guerras husitas do século XV.
Obra[editar | editar a fonte]
Contos, historias curtas e coleccións:
- Wiedźmin (col., 1990), Reporter, Varsovia
- Miecz Przeznaczenia (col., 1992)
- Ostatnie Życzenie (col., 1993)
- Oko Yrrhedesa
- Coś Się Kończy, Coś Się Żaczyna (col., 2001)
- Złote Popołudnie (1997)
Saga de Geralt:
- Krew Elfów (O sangue dos elfos) (1994)
- Czas Pogardy (Tempo de odio) (1995)
- Chrzest Ognia (Bautismo de sangue) (1996)
- Wieża Jaskółki (A Torre da Andoriña) (1997)
- Pani Jeziora (A dama do lago) (1999)
Ciclo Husita:
- Narrenturm (2002)
- Boży Bojownicy (Combatentes do Señor)(2004)
- Lux Perpetua (2006)
Outros:
- Świat Króla Artura/ Maladie (1995). Monografía.
- Żmija(Víbora) (2009). Romance.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andrzej Sapkowski |
- Páxina web oficial de Andrzej SapkowskiArquivado 01 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. (Polaco)
- Páxina oficial do videoxogo The Witcher (Inglés)
- Páxina con información sobre Sapkowski (Español)
- Foro en español sobre Sapkowski (Español)
- Wiki sobre Sapkowski e o seu mundo (Polaco)