Andrew S. Tanenbaum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrew Stuart Tanenbaum
Andrew tanenbaum froscon.jpg
Nacemento16 de marzo de 1944 (79 anos)
Lugar de nacementoNova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeFlag of the United States.svg estadounidense
EtniaPobo xudeu
Alma máterInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Universidade de California en Berkeley e White Plains Senior High School
OcupaciónProfesor universitario
Gurú tecnolóxico
Coñecido porMinix
PremiosMedalha James H. Mulligan Jr. IEEE de Educação, Akademiehoogleraren Prize, membro da ACM, IEEE Fellow e SIGCSE Outstanding Contribution to Computer Science Education
Na rede
http://www.cs.vu.nl/~ast/
editar datos en Wikidata ]

Andrew Stuart nado en Nova York o 16 de marzo de 1944, é un profesor universitario de computación na Universidade Libre de Amsterdam (Países Baixos), tamén coñecido como "Andy" Tanenbaum (ás veces chamado ast)[1] .

Tanenbaum é máis coñecido por ser o creador de Minix. Minix é unha réplica gratuíta e moito máis sinxela do sistema operativo UNIX, feita con motivos educativos. Tamén é autor de varios libros de computación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en física no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), en 1965. En 1971 fixo o doutoramento en física na Universidade de California, Berkeley. Vive nos Países Baixos coa súa muller. En 1987 crea o sistema operativo Minix, un sistema similar a Unix e baseado nel, gratuíto e para uso educativo. Anos máis tarde sería unha das bases do inicio a Linux. En 1992 protagonizou unha conversa con Linus Torvalds polos distintos puntos de vista no que se basearía o futuro da informática e os sistemas operativos. Na súa opinión deberán ser mininúcleos e Towars é partidario dos monolíticos núcleos nos futuros sistemas operativos. Entón dixo o mítico: LINUX is obsolete (en galego, LINUX está obsoleto). Dende 2004 é profesor de Arquitectura de ordenadores e sistemas operativos na Universidade Libre de Amsterdam (Vrije Universiteit Amsterdam).

Libros[editar | editar a fonte]

Tenenbau é autor de libros de informática e telecomunicacións empregados en universidades e centros de ensino:

Notas[editar | editar a fonte]