Andreas Granqvist
Andreas Granqvist | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nacemento | 16 de abril de 1985 | ||
Lugar de nacemento | Helsingborg | ||
Altura | 1'92 m | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2007 | Helsingborgs IF | 72 | (1) |
2007 | → Wigan Athletic (cedido) | 0 | (0) |
2007–2008 | Wigan Athletic | 14 | (0) |
2008 | → Helsingborgs IF (cedido) | 11 | (1) |
2008–2011 | Groningen | 96 | (21) |
2011–2013 | Genoa | 59 | (2) |
2013–2018 | Krasnodar | 134 | (3) |
2018– | Helsingborgs IF | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2004–2006 | Suecia sub-21 | 26 | (0) |
2006– | Suecia | 73 | (7) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de maio de 2018 Selección: actualizado a 18 de xuño de 2018[ editar datos en Wikidata ] | |||
Andreas Granqvist, nado o 16 de abril de 1985 en Helsingborg, é un futbolista sueco con contrato co FK Krasnodar ata o verán de 2018. O 28 de xaneiro de 2018 asinou por tres anos dende o verán co Helsingborgs IF[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado na localidade de Påarps no concello de Helsingborg, Granqvist comezou a xogar ao fútbol no equipo local, o Påarps GIF. En 1999 entrou nas categorías xuvenís do Helsingborgs IF e en 2004 debutou co primeiro equipo, chegando a ser capitán. Entre xaneiro de 2007 e marzo de 2008 xogou co Wigan Athletic F.C. na Premier League. Xogou 14 partidos dende o inicio da tempada, mais o equipo cedeuno ao Helsingborgs IF en marzo de 2008 ata a fin da tempada inglesa en xuño, e entrou na selección sueca para a Eurocopa de 2008.
En xullo dese ano, adquiriuno o club neerlandés do FC Groningen, xogou regularmente como titular e en 2009 tanto Voetbal International como Goal Com seleccionárono dentro do equipo do ano con altas puntuacións[2][3]. En agosto do 2011 mercouno o Genoa CFC e despois de dous anos en Xénova, foi un dos xogadores titulars do club e un dos favoritos dos seareiros locaiss. En 2013 marchou ao equipo ruso do FK Krasnodar. Granqvist recibiu o balón de ouro no ano 2017. O 28 de xaneiro de 2018 presentouse como nova fichaxe do Helsingborgs IF.[4]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Granqvist debutou coa selección nacional o 23 de xaneiro de 2006. Seleccionado para a Eurocopa de 2008, non chegou a saír ao campo. O seu primeiro gol marcouno contra San Marino o 7 de setembro de 2010, despois de saír ao campo tras a expulsión de Olof Mellberg. O 18 de xuño de 2018 na súa estrea do Mundial de Rusia, e xogando contra Corea do Sur deulle a vitoria ao seu equipo ao marcar un penalti, rematando o partido 1-0 a favor de Suecia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Andreas Granqvist återvänder till hif" Arquivado 07 de xullo de 2018 en Wayback Machine., hif.se
- ↑ Uitslag elftal van het seizoen 2008/09 (en neerlandés). Voetbal Internacional. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Goal.com "Special: Eredivisie Team of the Season 2008-09" (en inglés). Goal.com, 23 de maio de 2009.
- ↑ "Officiellt: Granqvist presenterad av HIF - kommer ta över sportchefsrollen", fotbollskanalen.se