Andreas Achenbach
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Andreas Achenbach, nado en Kasselo 29 de setembro de 1815 e finado en Düsseldorf o 1 de abril de 1910, foi un pintor alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa educación artística en 1827 en Düsseldorf baixo as ensinanzas de Friedrich Wilhelm Schadow na Academia de Pintura de Düsseldorf. Nos seus primeiros traballos seguiu o idealismo romántico alemán, pero tras mudarse a Múnic en 1835, a influencia de Louis Gurlitt guiouno cara a outros rumbos e converteuse no fundador da escola realista alemá.
Un gran número dos seus traballos poden ser encontrados na Galería Nacional de Berlín, no Neue Pinakothek de Múnic e nas galerías de Dresde, Darmstadt, Colonia, Düsseldorf, Leipzig e Hamburgo.
Seu irmán, Oswald Achenbach (1827-1905), tamén foi un pintor.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Costa de Sicilia, 1847.
-
Costa de Capri, 1855.
-
Die alte Akademie in Düsseldorf, 1831.
-
Muíño de auga en Westfalia, 1863.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andreas Achenbach |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Achenbach Arquivado 12 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (museumsyndicate.com)
- Andreas Achenbach (artcyclopedia.com)
- Andreas Achenbach (www.art.onilm.com)