Oswald Achenbach
Aparencia
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Oswald Achenbach, nado en Düsseldorf o 2 de febreiro de 1827 e finado en Düsseldorf o 1 de febreiro de 1905, foi un pintor de paisaxes alemán.
Naceu en Düsseldorf, e recibiu educación artística do seu irmán Andreas Achenbach. Polo xeral, as súas paisaxes destacan polos efectos ricos en cores, pintando sobre todo paisaxes do Golfo de Nápoles e os barrios de Roma. Desde 1863 a 1872 traballou como profesor de pintura de paisaxes na Academia de Düsseldorf. Morreu en Düsseldorf no ano 1905, debido a unha inflamación dos pulmóns.
Galería
[editar | editar a fonte]- Vista de Florencia, 1898.
- Pasando a través do Arco de Tito na Vía Sacra, Roma.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oswald Achenbach |
- "Galería de Arte. Achenbach, Oswald" (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2008. Consultado o 14 de setembro de 2012.
- "Oswald Archenbach Dead" (PDF). The New York Times (en inglés). 2 de febreiro de 1905.