Andrea Momoitio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrea Momoitio
Nacemento1989
Lugar de nacementoOrtuella
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónxornalista
Coñecida porLunática
Na rede
Twitter: andreamomoitio Dialnet: 3979334 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Andrea Momoitio San Martín, nada en Ortuella en 1989, é unha xornalista española. Forma parte da asemblea da revista dixital feminista Pikara Magazine. É a autora de Lunática.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU). Ten un máster en Estudos Feministas e de Xénero pola Universidade do País Vasco. No seu TFM analizou como as mozas lesbianas recoñecen as referencias do lesbianismo que aparecen nas series de ficción producidas en España.[1] Tamén ten un máster en Xornalismo Dixital.[2]

Comezou a colaborar con Pikara Magazine dende o seu nacemento, en novembro de 2010, cando cursaba o segundo curso de Xornalismo, cunha reportaxe sobre as novas feministas.[3] Actualmente é unha das súas coordinadoras[4] e publicou reportaxes sobre temas como a muller no xadrez, xestación por substitución ou a memoria histórica do feminismo. Para Pikara, entrevistou a mulleres como a directora de cine Leticia Dolera, as cantautoras Viruta Ftm e Alicia Ramos, a filósofa e escritora Silvia Federici ou as activistas Laura Bugalho e Zuriñe Baztan. Escribe artigos desde 2014 en Eldiario.es, dentro do blog +Pikara.[5]

Ten unha columna de opinión quincenal en Público,[6] relacionada coa memoria histórica e as mulleres,[7] e tamén é colaboradora en medios como Ctxt,[8] El Salto,[9] Periódico Diagonal,[10] Público,[11] Eldiario.es,[12] La Madeja o Altaïr Magazine.[13]

Participou na primeira serie de De eso no se habla co podcast Lunáticas, que está baseado no seu libro Lunática.[14]

Obra[editar | editar a fonte]

  • 2015, De la invisibilidad a la irreverencia: Lesbianismo en televisión. (TFM).[15]
  • 2016, Lesbofobia: ¿por qué y cómo hay que nombrarla?[16]
  • 2019, Feminismos. Miradas desde la diversidad. (VVAA). ISBN 9788441542044
  • 2022, Lunática (Libros del KO).ISBN 9788417678746[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andrea, Momoitio San Martín, (7 de agosto de 2015). "De la invisibilidad a la irreverencia: Lesbianismo en televisión" (en castelán). Consultado o 9 de julio de 2018. 
  2. "Blog de Andrea Momoitio". 
  3. "¿Jóvenes y feministas? Artículo en pikaramagazine.com publicado el 18 de noviembre de 2010. Consultado el 29 de abril de 2018.". 
  4. "Equipo de Pikara Magazine. Consultado el 29 de abril de 2018". 
  5. "Ficha de autora de Andrea Momoitio en eldiario.es. Consultado el 29 de abril de 2018.". 
  6. "Andrea Momoitio". Otras miradas (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  7. "Público - Autor: Andrea Momoitio". www.publico.es. Consultado o 2024-01-24. 
  8. Magazine), Andrea Momoitio (Píkara. "Parirnos con cada amor". ctxt.es | Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  9. "Edición General - El Salto" (en local). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  10. "Periódico Diagonal" (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  11. "Andrea Momoitio". Otras miradas (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  12. "Andrea Momoitio" (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  13. "Andrea Momoitio" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  14. "De eso no se habla". Pikara Magazine (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  15. Momoitio San Martín, Andrea (2015-08-07). "De la invisibilidad a la irreverencia: Lesbianismo en televisión". 
  16. Fernández, June; Momoitio, Andrea (2016). "Lesfobia: ¿por qué y cómo hay que nombrarla?". Viento sur: Por una izquierda alternativa (146): 81–85. ISSN 1133-5637. 
  17. K.O, Libros del. "Lunática". Libros del K.O. (en inglés). Consultado o 2024-01-24.