Laura Bugalho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLaura Bugalho

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , activista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata


Laura Bugalho, nada en Santiago de Compostela o 6 de maio de 1964[1] é unha sindicalista e activista galega en diversas causas políticas e sociais, principalmente os dereitos das persoas migrantes[2], os dereitos das persoas transexuais e a autodeterminación de Galiza.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomada en Maxisterio e licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Social, traballa como sindicalista da CIG desde 1992. Asemade ten destacado como activista LGBT, transfeminista e a prol dos dereitos das persoas migrantes. É membro do Foro Galego de Inmigración, do colectivo Stop Desahucios Compostela e tamén milita na causa soberanista galega, amais de ser fundadora da asociación Transgaliza.[4]

Ten publicado diversos artigos en publicacións como Andaina, A Nosa Terra, Novas da Galiza, Galiza Livre, Diário Liberdade[5] e Sermos Galiza[6].

En 2009 Laura Bugalho axudou a sacar á luz a trama da chamada Operación Peregrino, na que 57 persoas de orixe marroquí foran traídas a España coa promesa dun emprego despois de abonaren dez mil euros.[7][8] A raíz daquel caso Bugalho foi acusada de falsidade documental e sometida a xuízo,[9][10] mais chegaría a un pacto coa Fiscalía tras defender en todo momento que as acusacións partían dunha vinganza policial.[11]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Laura Bugalho ten recibido, entre outros, os seguintes premios e recoñecementos:

  • Premio Legais 2001 á Defensa dos Dereitos e Liberdades LGBT.
  • Premio Triángulo de Ouro EHGAM 2009.
  • Premio Nicolás Salmerón 2011 na categoría de Defensa das Liberdades Sexuais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mulleres trans referentes para o 8M de 2021 (en PDF)" (PDF). ‘ARELAS’ Asociación de familias de menores Trans*. Consultado o 26 de setembro do 2022. 
  2. "Laura Bugalho: "No puede ser que cada cual luche por su pequeña parcela si el campo es todo nuestro"". Píkara Magazine (en PDF). Consultado o 26 de setembro do 2016. 
  3. "Discursos de Laura Bugalho (Causa Galiza) e Alberte Moço (NÓS-UP) no Dia da Pátria". Diário Liberdade. Consultado o 26 de setembro do 2022. 
  4. "Detienen a una activista ‘trans’ por ayudar a migrantes". Diagonal. Consultado o 26 de setembro do 2022. 
  5. Artigos de Laura Bugalho en Diário Liberdade
  6. Artigos de Laura Bugalho publicados en Sermos Galiza[Ligazón morta]
  7. Se xulgan a Laura Bugalho, xúlgannos a todas
  8. "Diez mil euros por papeles y un lugar de trabajo". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 
  9. "A sindicalista Laura Bugalho enfróntase a até 8 anos de cadea polo seu traballo con inmigrantes". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 
  10. "A acusación contra Bugalho non se presenta nos xulgados após exixir que se reabrise o caso". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 
  11. "La activista Laura Bugalho pacta con la Fiscalía 11 meses de prisión por falsedad documental para ayudar a inmigrantes". Infolibre. Consultado o 26 de setembro do 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]