Saltar ao contido

Andreia Costas Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Andrea Costas Otero»)
Modelo:BiografíaAndreia Costas Otero

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Stockach (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Braunschweig (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncineasta, escritora Editar o valor en Wikidata


Andrea Costas Otero, antes Andrea Otero Costas, e máis coñecida como Andreia Costas, nada en Stockach o 8 de marzo de 1979, é unha escritora, artista do audiovisual e docente galego-alemá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É artista multidisciplinar. Nada en Stockach, cidade do distrito de Constanza, Baden-Württemberg. Estudou en Braunschweig, Budapest e Barcelona.[1] Docente de deseño audiovisual e fotografía no estado federal Baixa Saxonia (Land Niedersachsen), en Braunschweig e Wolfenbüttel, na Technische Universitat Braunschweig.[1] Grao na HBK (Hochschule für Bildende Künste) de Braunschweig.[1] Alumna de posgrao de Birgit Hein,[1] Mara Mattuschka e Udo Kier.

Participou en diferentes festivais de curtas e multimedia: Linz, Oberhaunsen, Goethe Institut, Hannover, Berlín[2]. En Galicia, presentou a súa obra entre, outros lugares, no cineclube Maruja de Randufe, Tui;[3] no Teatro Gorrilla, Vigo.[4] No 2019, xunto a Carme Nogueira, participou na 2ª sesión do ciclo "Traballadoras da imaxe" no museo MARCO de Vigo.[5]

Leva participado coa súa escrita e poesía en recitais,[6] publicacións e premios: finalista do Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas en 2019 e 2020. Segundo premio microrrelato “Aliteraclara”. Galardón coa publicación no volume “IV Concurso Internacional Ellas”.[7] Gañadora do accésit na sexta edición do Premio de relato Vigo Histórico, mantido pola editorial Elvira.

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Accésit da VI Edición 2019 do Premio de relato Vigo histórico, coa obra "Felicia da Falperrra", incluída en “Relatos na rúa".[10]
  • Finalista do VII PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS, coa obra "Matouno o demo e Deus levouno"[11]
  • Finalista do VIII PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS, coa obra "A fraternidade das bestas"[11]
  • Seleccionada na VII Edición 2020 do Premio de relato Vigo histórico co relato "A resistencia das folerpas do sal"[12]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Tepe, Holger & Sausmikat, Ralf (2001). Europäisches Medienkunst-Festival : Osnabrück 2001 ; [inside, outside] = European Media Art Festival (en alemán e inglés). Osnabrück: European Media Art Festival. p. 99. ISBN 3-926501-19-7. OCLC 174796203. 
  2. "filmarchiv". filmklasse.hbk-bs.de. Consultado o 2019-11-02. 
  3. "Curtas experimentais de Andreia Costas: Deconstruíndo tabús no feminino" (PDF). marcovigo. Consultado o 3-4-2021. 
  4. "Andreia Costas". Imjoying (en castelán). Consultado o 2021-04-03. 
  5. "Ciclo TRABALLADORAS DA IMAXE Carme Nogueira e Andreia Costas MARCO". www.marcovigo.com. Consultado o 2023-05-17. 
  6. "Recital poético de agradecemento para a despedida de Andel". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-11-02. 
  7. "Resultados Concurso Internacional "Ellas IV"". www.diversidadliteraria.com (en castelán). Consultado o 2019-11-02. 
  8. "Corazón de vaca e outras visceras". Editora Urutau. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-03-31. 
  9. Atlántico (2021-03-29). "Violencia contra la mujer en la literatura". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-03-31. 
  10. Atlántico (2019-12-01). "Creatividad en la plaza de abastos". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-03-31. 
  11. 11,0 11,1 "Mulleres Progresistas". Asociación de mulleres progresistas de Vigo. Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  12. Relatos na rúa 7. Elvira. 2020. ISBN 978-84-120562-9-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]