Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas é un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo que busca a reflexión sobre distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e o apoderamento das mulleres, entendido consonte á estratexia definida na IV Conferencia Mundial das Mulleres de Beijing nos seus tres niveis de transformación: o individual, o colectivo e a transformación social.[1]

Comezaron no ano 2013 e teñen carácter anual. O seu precedente foi o Premio de Relatos Mulleres Progresistas (2007-2011) e, con anterioridade a este último, o Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo (1997-2005).

Bases[editar | editar a fonte]

Entre outras:[2]

Poden participar todas as Mulleres que o desexen, de calquera nacionalidade ou cultura e maiores de 16 anos.

Cada participante pode presentar un máximo de 3 microrrelatos que deben ir escritos en galego normativo.

O tema é libre, pero con especial valoración daqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (corresponsabilidade, dereitos, apoderamento etc.).

Enlazando o carácter reivindicativo coa vertente literaria, o microrrelato debe ter natureza narrativa e non de mera proclama.

Os microrrelatos deben ter un máximo de 100 palabras (excluído o título).

As obras deben ser orixinais e inéditas, non estando difundidas por ningún tipo de medio, nin en papel, nin electrónico.

Premios outorgados:[editar | editar a fonte]

Gañadoras e organización nos premios de 2019.

Premios outorgados nas súas distintas edicións:[3]

VIII Edición 2020

  • 1º Premio, Traballo, de Blanca Rodríguez Rodríguez.
  • 2º Premio, O escafandro, de Andrea Fernández Maneiro.
  • 3º Premio, Chulas de rabaqueta, de Andrea Castro Lorenzo.

Finalistas:

  • A revelación, de Isabel Mancebo Portela.

VII Edición 2019[editar | editar a fonte]

Finalistas:

VI Edición 2018[editar | editar a fonte]

Finalista: A leoa, de Patricia Eugenia Gallego Pérez

V Edición 2017[editar | editar a fonte]

Finalistas:

IV Edición 2016[editar | editar a fonte]

III Edición 2015[editar | editar a fonte]

Finalistas:

  • Cancro de mama, de Sabela Núñez Singala

II Edición 2014[editar | editar a fonte]

Finalistas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Premio de microrrelatos Mulleres Progresistas. Axenda cultural AELG". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2021-05-09. 
  2. "Bases do VI Premio de Microreelatos "mulleres progresistas"". baiaedicions.gal. 2017-10-25. Consultado o 2021-05-09. 
  3. "Premios literarios". www.mulleresprogresistas.org. Consultado o 15/4/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]