Birgit Hein
Birgit Hein, nada en Berlín o 6 de agosto de 1942[1] e finada na mesma cidade o 23 de febreiro de 2023, foi unha cineasta, autora e profesora univesitaria alemá. Con películas estruturais, ensaios sobre cinema e publicacións, foi considerada unha das pioneiras do filme underground e experimental, así como do cinema feminista de vangarda.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Birgit Hein estudou historia da arte e teatro na Universidade de Colonia a principios dos anos sesenta. En 1964, casou con Wilhelm Hein e dende 1966 até 1988 traballou con el en diversos proxectos cinematográficos experimentais.[1] En 1968, cofundou XSCREEN, un espazo de exposicións en Colonia.[4] Participou en Documenta 5 en Kassel, apareceu no Filmschau: New European Cinema en 1972 e como artista na Documenta 6 en 1977. O seu traballo conxunto presentouse en varias retrospectivas, por exemplo no "No Anthology Archives" de Nova York (1974), no "Filmmuseum Frankfurt" (1985), así como en Colonia (1988) e en Copenhague (1989). Dende 1991 creou a súa obra cinematográfica propia, separada de Wilhelm Hein, achegándose a un tipo de cinema máis intimista, feminista e persoal.
A partir do ano 1988 achegouse máis ó cinema de ensaio, coa cámara como ferramenta de reflexión de xénero ou a etnografía experimental.[3] Tamén se adicou á organización e comisariado de varias exposicións sobre filmes experimentais. Por exemplo: A arte segue sendo a arte (Colonia 1974), o cine como película (Colonia, Berlín, Essen, Stuttgart 1977) e o cine como película (Londres 1979). Fixo xiras para o Goethe-Institut en Paquistán, Bangladesh e a India (1987) e participou no Congreso Internacional de Cinema Experimental de Toronto (1989).
Birgit Hein foi profesora da especialidade de cinema, na Universidade de Arte e Deseño de Braunschweig (HBK, Hochschule für Bildende Künste Braunschweig, Braunschweig) dende 1990, emeritando nesta universidade no 2007.
Moitos dos seus filmes estreáronse no Foro do Cine Novo, no Festival de Cine de Berlín (1986, 1992, 1995) ou na televisión (por exemplo Baby Will, I Will Make You Sweat, 1997) e tamén en coleccións de películas (por exemplo, B. Musée d'Art Moderne - Centro Pompidou, 1999).
Dende 2007 foi membro da Akademie der Künste Berlin (Academia das Artes de Berlín) dende 2012 foi subdirectora da sección Artes visuais.[5]
Dende o ano 2015 empezou a ser máis coñecida nos circuítos de festivais españois, como no Festival de Cine Europeo de Sevilla, La casa Encendida, CGAI, o Foco Henri Langlois e a Tabakalera centran a súa obra na súa parte mais militante e feminista da súa obra.[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1968: Película en Bruto, 16 mm, 20 min
- 1969: 625, 16 mm, 34 min
- 1974: estudos estruturais, 16 mm, 37 min
- 1978-82: Superman e Wonderwoman, performance cinematográfica
- 1982: Love Stinks - imaxes de demencia diaria, 16 mm, 82 min
- 1986: imaxes prohibidas, 16 mm, 87 min
- 1987-88: Kali-Filme[Ligazón morta] 16 mm, 70 min
- 1991: The Eerie Women, 16 mm, 63 min
- 1994: Baby, I Will Make You Sweat, 16mm, 63 Min
- 1997: Mayflies, vídeo, 24 min
- 2000: La Moderna Poesia Arquivado 22 de outubro de 2019 en Wayback Machine., 16 mm, 67 min
- 2006: Imaxes da Guerra, vídeo, 10 min
- 2007: Shanhai Light Impressións, vídeo, 10 min
- 2013: Película abstracta (Abstrakter Film)[Ligazón morta], vídeo, 10 min
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Büttenbender, Gerhard. Páxina oficial, ed. "Birgit Hein - Ihr leben". Consultado o 17 de maio de 2008.
- ↑ pitt.edu (ed.). "Birgit Hein. Academy of Fine Arts Braunschwieg". Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Birgit Hein. Cine crudo". La Casa Encendida (en castelán). Consultado o 2019-05-12.
- ↑ Universidade de Pittsburgh (ed.). "After the Avant-garde: Participants". Consultado o 17 de maio de 2008.
- ↑ "Birgit Hein". Akademie der Künste.
- ↑ "Frauenfilm (Birgit Hein, 1986-88) + The Mysterious Woman (Birgit Hein, 1991)". Otros Cines Europa. 2016-03-03. Consultado o 2019-05-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ausstellungskatalog: documenta 5. Befragung der Realität – Bildwelten heute; Katalog (als Aktenordner) Band 1: (Material); Band 2: (Exponatliste); Kassel 1972 (en alemán)
- documenta Archiv (Hrsg.); Wiedervorlage d5 – Eine Befragung des Archivs zur documenta 1972; Kassel/Ostfildern 2001, ISBN 3-7757-1121-X (en alemán)
- Katalog zur documenta 6: Band 1: Malerei, Plastik/Environment, Performance; Band 2: Fotografie, Film, Video; Band 3: Handzeichnungen, Utopisches Design, Bücher; Kassel 1977 ISBN 3-920453-00-X (en alemán)
- Foster, Gwendolyn Audrey (1995). Greenwood Publishing Group, ed. Women Film Directors: An International Bio-critical Dictionary. pp. 176–178. ISBN 0-313-28972-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en alemán)
- Birgit Hein na IMDb (en inglés).