Andrea Abreu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrea Abreu
Nome orixinal(es) Andrea Abreu López Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1995 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Icod de los Vinos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de La Laguna
Universidade Rei Xoán Carlos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo, Escrita creativa e profesional e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritora , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webandreaabreulo.com Editar o valor em Wikidata
Instagram: andreaabreulopez Editar o valor em Wikidata

Andrea Abreu López, nada en 1995 en Icod de los Vinos, é unha escritora e xornalista canaria. Coa publicación da súa novela Panza de burro a revista británica Granta seleccionouna como unha das 25 mellores escritoras da súa xeración.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Andrea Abreu naceu na vila de Icod de los Vinos, pertencente a Santa Cruz de Tenerife, na Illa de Tenerife, Canarias, España. Gustoulle escribir desde nena, ao dez anos gañou o premio escolar de poesía Emeterio Gutiérrez Albelo. O seu interese pola poesía levouna a realizar un curso de poesía con Coriolano González na Escola Canaria de Creación Literaria.[4]

Estudou Xornalismo na Universidade de La Laguna (ULL). En 2017 trasladouse a Madrid para cursar o Mestrado en Xornalismo Cultural e Novas Tendencias da Universidade Rei Xoán Carlos (URJC)

Como xornalista, escribiu colaboracións para diferentes medios como, 20minutos.es, Tentaciones (El País), Oculta Lit, LOLA (BuzzFeed), Quimera ou Vice.[5]

Publicou as súas poesías en varias revistas especializadas como Círculo de Poesía, La tribu de Frida ou La Galla Ciencia.

A súa primeira novela Panza de burro esta escrita nunha linguaxe sinxela e directa que, co vocabulario canario e a súa fonética, describe con naturalidade a vida rural e real da illa, narra a amizade de dúas nenas no momento do paso da nenez á adolescencia, e onde o Teide está presente e ten a súa influencia narrativa, aínda que non se nomee na novela. “É algo substancial na miña vida e no libro. É como unha especie de anunciación da fatalidade da vida. Cando se vive preto dun, non se pensa constantemente que se vai morrer, pero si que sucede que se che ocorre que podería estoupar. É a presenza constante da morte, bonita e á vez terríbel, que dentro do libro ten moito peso. Que algo malo está por pasar”. Di Andrea Abreu.[6]

A novela Panza de burro, foi editada pola escritora Sabina Urraca, quen tamén prologa o libro.[7] O libro foi en publicado en 30 países e traducido ao inglés, italiano, alemán e francés.[8][9]

Andrea Abreu foi seleccionada pola revista británica Granta como unha das 25 mellores escritoras da súa xeración.

É unha asidua participante en eventos literarios, como o festival cordobés de poesía Cosmopoética, foi codirectora do Festival de Poesía Nova de Alcalá de Henares.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Panza de burro (Barrett, 2020)

Poesía[editar | editar a fonte]

Mujer sin párpados. (Versátiles Editorial, 2017)

Primavera que sangra (2017), unha breve análise poética sobre a súa relación coa dor menstrual.

Antoloxías:[editar | editar a fonte]

  • Árboles frutales. Editorial Dieciséis.[10]
  • Macaronesia, da Galla Ciencia;
  • Los muchachos ebrios, antología de poesía jovencísima transoceánica, de La Tribu, ou Piel fina.
  • Poesía joven española (Maremágnum, 2019)

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 2019 foi gañadora do accésit do XXXI Premio Ana María Matute de narrativa de mulleres.
  •  Premio escolar de poesía Emeterio Gutiérrez Albelo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Escritores.org. "Abreu López, Andrea" (en castelán). Consultado o 2021-10-08. 
  2. "Andrea Abreu, entre los 25 mejores autores jovenes de la lista 'Granta'". Consultado o 2021-10-09. 
  3. "Actividades culturales del Instituto Cervantes" (en castelán). Consultado o 2021-10-09. 
  4. "ANDREA ABREU LÓPEZ" (en castelán). Consultado o 2021-10-09. 
  5. "Andrea Abreu ▷ escritora y periodista canaria 'exiliada' en Madrid" (en castelán). 2020-04-30. Consultado o 2021-10-08. 
  6. Nast, Condé (2021-04-27). "Mapa y literatura: las Canarias de Andrea Abreu" (en castelán). Consultado o 2021-10-09. 
  7. "Reseña del libro “Panza de burro”, de Andrea Abreu" (en castelán). 2021-08-08. Consultado o 2021-10-09. 
  8. Cruz, Almudena (2021-04-18). "Un año de ‘Panza de burro’" (en castelán). Consultado o 2021-10-09. 
  9. Cruz, Juan (2021-05-18). "Andrea Abreu: “Hay una idea un poco clasista sobre lo que tiene éxito”" (en castelán). Consultado o 2021-10-08. 
  10. Sevilla, Diario de (2021-04-01). "Escribir una carta, echar raíces" (en castelán). Consultado o 2021-10-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]