Andrés Gaos Berea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Andrés Gaos»)
Andrés Gaos Berea
Andrés Gaos aos 52 anos (1926).
Nome completoAndrés Canuto Benito del Carmelo Gaos Berea
Nacemento31 de marzo de 1874 e 21 de marzo de 1874
 A Coruña
Falecemento13 de marzo de 1959
 Mar del Plata
NacionalidadeEspaña
Instrumento(s)Violín
Na rede
www.andresgaos.com
Spotify: 2qlAxNfSrknKKQ9vkc6UzT Musicbrainz: c5a40dea-b713-40b4-b862-e4783d1d8488 Discogs: 1820855 IMSLP: Category:Gaos_Berea,_Andrés Allmusic: mn0002187571 Deezer: 7392720 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Andrés Gaos Berea, nado na Coruña o 21 de marzo de 1874[1]e finado en Mar del Plata o 13 de marzo de 1959, foi un profesor de música, violinista e compositor galego-arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Andrés Gaos amosou aptitudes musicais xa aos dez anos ao gañar un premio como violinista. En 1884 ingresou nun Centro Musical da Coruña. Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación da Coruña e trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos no Conservatorio. (1885-89) De regreso á Galicia conseguiu unha nova bolsa para realizar estudos en Bruxelas (1891-93). En 1893 viaxou a Cuba, en 1894 a México e en 1895 a Arxentina, e dedicouse a dar clases de música en Buenos Aires e Montevideo. En 1896 casou coa cantante América Montenegro, coa que tivo cinco fillos, e dende 1898 fixaron a súa residencia principal en Buenos Aires. En 1917 divorciáronse e Andrés casou con Luisa Guillochon (alumna súa), coa que tivo tres fillos, familia coa que se instalou en Gans, Francia, entre 1925 e 1933.

A súa actividade, a partir de 1933, desenvolveuse fundamentalmente na Arxentina, aínda que en ocasións visitou a súa cidade natal para ofrecer algún concerto. Contra 1899 publicou obras para canto e piano e unha habanera para violín e piano. Entre 1912 e 1916 compuxo un bo número de cancións, unha das cales foi premiada pola Asociación Wagneriana de Buenos Aires. En 1916 obtivo un premio en Tucumán-lugar onde transcorre a acción da súa única ópera, Amor vedado- pola música e letra do himno oficial do Centenario da Independencia Arxentina. En 1917 compuxo Elegía para piano e violín, dedicada a Pau Casals que nunca a interpretou. A súa última actuación na Coruña foi en 1927. Entre outras composicións incluíu dúas obras propias, entre elas a Danza arxentina nº 3, que acadou un grande éxito.

Obra[editar | editar a fonte]

Como compositor, destacan obras como a Sinfonía nº 2 En las montañas de Galicia, Crepúsculo en la Alhambra, Aires gallegos, Impresión nocturna, Miniaturas, Tormenta, Marcha fúnebre, Sonata opus 37, a xota para piano Lieder e a ópera Amor vedado, Allegro para Violín e Orquestra, Opus 24 (Buenos Aires: 1904) Sinfonía en la menor (Buenos Aires: 1904), Humoresca para violonchelo e piano (Buenos Aires: 1904), Romanza para Violino e Piano, Impresión Nocturna. Ademais, dirixiu en tres ocasións orquestras sinfónicas en Buenos Aires e París.

Algunhas destas obras están gravadas en disco pola Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, quen ten estreado a práctica totalidade da obra orquestral e lírica de Andrés Gaos.

Fixéronse varios arranxos de obras súas como por exemplo o do segundo movemento da súa Sinfonía nº 2 para banda, levado a cabo polo músico Hernán Naval Parapar, de 'Rosa e Abril' para voz e piano e para coro, realizadas polo seu fillo Andrés Gaos Guillochón e por Ramiro Cartelle a partir da xota para piano Lieder, ou do Allegro para violín e orquestra (Fantasía para violino e orquestra, Xunta de Galicia) que elaborou Joam Trillo, revisor e adaptador tamén de Impresión nocturna, Amor vedado e outras grandes obras de Gaos.

Notas

  1. Viso; Carreira (1983). "DOS PIEZAS PARA VIOLONCELLO Y PIANO DE ANDRES GAOS BEREA (1874-1959)". Revista de Musicología 6 (1/2): 521. doi:10.2307/20794912. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • SOTO VISO, Margarita; Carreira, Xoán M. (1983): "Dos piezas para violonchelo y piano de Andrés Gaos Berea (1874-1959)", en Revista de Musicología, Vol. 6, No. 1/2 (xaneiro-decembro), pp. 521-528
  • ANDRADE Malde, Julio (1987): "Las canciones con texto en francés de Andrés Gaos", en Nassarre nº 3, 1
  • CARREIRA, Xoán M. (1990): "Aproximación crítica al músico Andrés Gaos (1874-1959)" en Revista Galega da Comisión do Quinto Centenario, vol. 7, Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, pp 231-313.
  • CARREIRA, Xoán M. (2009): Hermana, seme fiel o muere. Soy un soldado de Rosas, en Mundoclasico.com (14 de outubro)
  • CARREIRA, Xoán M. (2019): Andrés Gaos & The invention of tradition (1). Lieder para piano op póstumo, en Mundoclasico.com (24 de maio)
  • CARREIRA, Xoán M. (2019): Andrés Gaos & The invention of tradition (2)Rosa de Abril, en Mundoclasico.com (31 de maio)
  • CARREIRA, Xoán M. (2019): Andrés Gaos & The invention of tradition (3) Del uso de las cuartetas en la musicología creativa en Mundoclasico.com (7 de xuño)
  • PÉREZ Fernández, Julián Jesús (coord.) (2012): "Andrés Gaos Berea: un achegamento á súa figura e á súa Música", Universidade da Coruña.
  • PAINCEIRA Luaces, Vanesa (2014): "La revalorización de la figura de Andrés Gaos en Galicia" en Boletín DM nº 18, pp 7-17.