Amor vedado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Amor vedado
AndrésGaos1926.gif
Andrés Gaos en 1926.
FormaÓpera
Actos e escenas1 acto en 7 escenas
Idioma orixinal do libretoCastelán
LibretistaAndrés Gaos
Estrea8 de outubro de 2009
Teatro da estreaPalacio da Ópera
Lugar da estreaA Coruña
Música
CompositorAndrés Gaos

Amor vedado, ópera argentina en un acto en siete escenas (en galego Amor vedado, ópera arxentina nun acto en sete escenas) é a única ópera do compositor galego Andrés Gaos. Trátase dunha ópera nun acto dividido en sete escenas con letra e música do propio compositor. A súa estrea tivo lugar no Palacio da Ópera da Coruña o 8 de outubro de 2009.

Historia[editar | editar a fonte]

A ópera foi composta en torno a 1915, cando Gaos residía na cidade arxentina de Buenos Aires.[1] A pesar de que o propio compositor a considerou unha das súas mellores obras, ningún teatro lírico na época se interesou pola ópera,[2] que permaneceu case un século esquecida ata que foi recuperada polo compositor e musicólogo galego Joam Trillo.[3]

A súa estrea non tivo lugar ata 50 anos despois da morte do compositor, cando con motivo do ano Gaos, a Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Víctor Pablo Pérez e as voces de Marta Matheu (soprano), o Albert Montserrat (tenor) e José Antonio López (barítono) xunto co Coro da OSG baixo a dirección de Joan Company, estreou a ópera no escenario Palacio da Ópera da Coruña.[4]

Características[editar | editar a fonte]

Musicalmente, a única ópera de Gaos está composta para tenor, soprano, barítono, corpo de baile, coro mixto, banda militar e orquestra e estrutúrase sobre o folclore arxentino. A obra, escrita nun acto, está dividida en sete escenas, das cales a primeira delas ("Baile") e a sexta ("Tormenta") son exclusivamente orquestrais. A primeira escena desplega un corpo de baile con típicas vestimentas gauchas. Na penúltima escena anticípase o tráxico desenlace da obra, no que un desgarrador dúo da soprano e o tenor sela o destino dos protagonistas.[5] Destaca a gran dificultade das partes solistas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]