Hernán Naval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hernán Naval Parapar")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hernán Naval
Nacemento1962
 Viveiro
Falecemento2001
 Ribadeo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Hernán Fernando Naval Parapar, nado en Viveiro en 1962 e finado en Ribadeo o 16 de maio de 2001, foi un director de banda e trompetista galego, amais de compositor, pedagogo, poeta, dramaturgo e ensaísta[1][2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creador da banda de Ribadeo, da Academia de Música Carlos Álvarez Fernández-Cid e da Escola Municipal de Música de Ribadeo (na actualidade, Escola Municipal de Música e Danza, para a que se fixeron xestións para que leve o seu nome, sen froito), das que foi director. Con anterioridade, tamén foi director da Coral Polifónica do C.I.T de S. Cibrao (1987-1989)[3]. É autor de obras musicais para diversas agrupacións e de numerosos arranxos. Dirixiu musicalmente a Banda Sinfónica Muncipal de Ribadeo dende a súa creación (1992) ata convertela nunha das máis importantes de Galicia, gravando con ela dous discos, o primeiro dos cales recolle dúas obras súas.

Foi subdirector da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música (AGEMM) e dirixiu a Big Band promovida por esta asociación[4].

'Paradigma do galego europeu'[5], foi un prolífico articulista, facendo incursións no ensaio e o teatro. A súa obra pedagóxica está recollida en múltiples conferencias e artigos recollidos en diversos medios e publicacións. A súa faceta literaria está exemplificada nalgunhas das súas obras teatrais como "Comunicando" e en multitude de poemas, a máis de escritos en A Nosa Terra, Badal, O Trasno de Burela ou Beiramar de Ribadeo, entre outros[3].

É de lembrar asemade a súa actuación como animador social, estando detrás de diversas iniciativas culturais nos sitios onde viviu e traballou. Foi presidente da A. C. Sementeira de Viveiro e da A. C. Francisco Lanza de Ribadeo. En 1988 mobilizouse para que o edificio do Teatro Pastor Díaz de Viveiro non fose derrubado[3].

Tamén tivo intervención na política, incluído nas listas do BNG, co que se presentou en diversas eleccións.

En 2006 foille adicado o auditorio Municipal de Ribadeo, dende entón, 'Auditorio Municipal Hernán Naval Parapar'[6].

Obras musicais[editar | editar a fonte]

  • Portbou-Saraxevo
  • Lonxe do mar
  • Mar por médio
  • Soatinhabaneira
  • Il nome della rosa

Obras literarias. Teatro[editar | editar a fonte]

Comunicando (Traxicomedia con parabellum. Nun acto)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A biografía de Hernán". Consultado o 6/9/2017. 
  2. "Hernán Naval Parapar". Amadores da Música. Consultado o 6/9/2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 López, Emilio Xosé Ínsua (luns, 28 de novembro de 2016). "A ÍNSUA DO ÍNSUA: DA TRADICIÓN MUSICAL DE VIVEIRO (VI)". A ÍNSUA DO ÍNSUA. Consultado o 2018-11-27. 
  4. "Hernán Naval Parapar Amadores da Música". www.bandamusicaribadeo.org. Consultado o 2018-11-27. 
  5. La Voz de Galicia, Lourenzo Fernández Prieto (7/1/2002). "Aquí como en Viena". La Voz de Galicia. 
  6. Agremon (20170402). "Ribadeando: A concesión do pleno a Hernán Naval do nome do auditorio (20060710)". Ribadeando. Consultado o 2018-11-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]