Amoroce, Amoroce, Celanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amoroce
Parroquia Amoroce
Concello Celanova
Poboación 12 hab. (2010)

Amoroce é unha aldea da parroquia de Santiago de Amoroce, no concello ourensán de Celanova, na comarca da Terra de Celanova. Tiña 12 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estatística dos cales eran 6 homes e 6 eran mulleres.

Este lugar situase a 1,6 quilómetros da capital do concello.

Esta aldea, xunto coa outras doce da parroquia (Barreiros, Carballeira, Casal, Casbasco, Casiña, Goterre, A Granxa, Mociños, Outeiro, Quintairos, Rial e Sampli), depende do concello e arciprestado celanovés, e da diocese de Ourense. A súa poboación total ronda os 50 habitantes, sendo a de toda a parroquia dunhas 300 persoas.

É un claro exemplo de dispersión xeográfica minifundista, formada por varias aldeas que teñen á parroquia como vínculo de unión, coa súa igrexa, Santo patrón, camposanto, festas etc..

Aquí impartiu docencia primaria o escritor, pedagogo e poeta ourensán Albino Núñez Domínguez, mestre moi querido entre os veciños das distintas aldeas que formaban a parroquia de Santiago de Amoroce.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Amoroce[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Amoroce no concello de Celanova (Ourense)

A Casiña | A Granxa | Amoroce | Carballeira | Casal | Casvasco | Goterre | Mociños | Os Barreiros | Outeiro | Quintairos | Rial | Sampil

Parroquias de Celanova[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Celanova

Acevedo do Río (San Xurxo) | Alcázar de Milmanda (Santa María) | Amoroce (Santiago) | Ansemil (Santa María) | Barxa (San Tomé) | Bobadela (Santa María) | Cañón (San Lourenzo) | Castromao (Santa María) | Celanova (San Rosendo) | Fechas (Santa María) | Freixo (Santa Cristina) | Milmanda (Santa Eufemia) | Mourillós (San Pedro) | Orga (San Miguel) | Rabal (San Salvador) | A Veiga (San Paio) | Vilanova dos Infantes (San Salvador) | Viveiro (San Xoán)