Saltar ao contido

Rabal, Celanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rabal
ConcelloCelanova[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°12′03″N 7°55′20″O / 42.20097222, -7.92233333
Poboación109 hab. (2011)
Entidades de poboación6[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Rabal é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2011 tiña 109 habitantes (57 mulleres e 52 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 154 habitantes.

Rabal atópase no vello camiño dunha calzada romana que partía da ponte romana do Freixo cara a Ourense, aínda que se apunta cara a unha orixe altomedieval dos distintos núcleos de poboación por parte de labregos libres. Os documentos medievais din que enriba se atopaba o castro de Pelosino. Segundo o arquivo de manuscritos de propiedades do mosteiro de Celanova[2], Rabal era unha vila cando entre os anos 956 a 997 Rosendo de Celanova e os seus monxes foron apoderándose dela mediante a compra de bens inmobles e raíces, onde varios labregos libres xa se organizaran comunitariamente para o uso compartido do terreo e os seus bens (dereitos de paso, aproveitamento da forza hidráulica e da pesca do río Arnoia). Ademais da igrexa (que cambiou a advocación orixinal de San Mamede pola de San Martiño) en Rabal houbo un mosteiro no lugar de Sampaio, cuxos únicos testemuños son un topónimo e unha referencia documental. No ano 959 a abadesa Guntroda dooulle unha viña ao abade Fafilán (o mesmo que fundara un mosteiro no monte Louredo en Toén) e ó mosteiro por el fundado en Rabal, baixo a advocación de San Paio.[3] Descoñécese canto tempo durou este mosteiro, e crese que foi dependente do mosteiro de Celanova e posterior absorción. Nun documento que recolle a venda que lle fan Exilo e a súa sobriña no ano 964 ao mosteiro de Celanova, estes doan varias terras e un pazo; a intrusión do mosteiro de Celanova non vai traer ningún cambio na organización do territorio ou de melloras (xa feitas pola "república de homes libres", labregos anteriores ó mosteiro que vivían na vila de Rabal) senón que trae consigo unha reorientación do sistema de explotación que, a partir do século X e de que o mosteiro de Celanova se converta nun terratenente, se apoiou no traballo de campesiños que non son donos de terra que traballan, e a introdución no lugar de escravos.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Rabal

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Rabal no concello de Celanova (Ourense)

A Abelleira | A Armada | Ponte Fechas | Rabal da Eirexa | Rabal de Arriba | San Paio

Parroquias de Celanova

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Celanova

Acevedo do Río (San Xurxo) | Alcázar de Milmanda (Santa María) | Amoroce (Santiago) | Ansemil (Santa María) | Barxa (San Tomé) | Bobadela (Santa María) | Cañón (San Lourenzo) | Casardeita (Santiago) | Castromao (Santa María) | Celanova (San Rosendo) | Fechas (Santa María) | Freixo (Santa Cristina) | Milmanda (Santa Eufemia) | Mourillós (San Pedro) | Orga (San Miguel) | Rabal (San Salvador) | A Veiga (San Paio) | Vilanova dos Infantes (San Salvador) | Viveiro (San Xoán)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. Pallarés Fernández, María del Carmen (1998). Ilduara, una aristócrata del siglo X. Seminario de Estudos Galegos.
  3. De la Cueva, Benito; González Balasch, María Teresa (1991). Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova. Universidad de Granada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]