Ansemil, Celanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ansemil
Igrexa parroquial de "Santa María de Ansemil",Celanova (frontal).JPG
Igrexa de Santa María de Ansemil
ConcelloCelanova
Poboación106 hab. (2017)
Entidades de poboación5

Santa María de Ansemil é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2010 tiña 130 habitantes (67 homes e 63 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É un claro exemplo de dispersión xeográfica minifundista, formada por varias aldeas que teñen á parroquia como vínculo de unión. O minifundio levou consigo o abandono das terras de cultivo, polo que actualmente apenas resisten algúns rabaños de ovellas basicamente para o autoconsumo. É salientable este desaproveitamento que se fai das terras de labradío xa que é unha zona moi fértil ó abundar as fontes e os regatos. Ademais o río Orille discorre polo leste da parroquia formando unha fronteira natural co concello da Bola.

Economía[editar | editar a fonte]

A súa maior actividade económica céntrase no polígono industrial de Celanova situado ó carón da aldea da Lama. Nel destaca a venta e mecánica de automóbiles, os almacéns de alimentos e a manufactura de coellos. Na parroquia tamén existen outras actividades económicas como son a avicultura, a carpintería e a venta de materiais da construción. Por último tamén é de destacar a rehabilitación da reitoral de Ansemil como casa rural sendo unha das poucas ofertas de hospedaxe do concello de Celanova.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas patronais son o 15 de agosto mais a súa celebración varía uns días pola coincidencia coas festas de San Roque do concello de Celanova.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ansemil[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ansemil no concello de Celanova (Ourense)

Ansemil | Barrio | Feal de Ansemil | A Lama | Sambades

Parroquias de Celanova[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Celanova

Acevedo do Río (San Xurxo) | Alcázar de Milmanda (Santa María) | Amoroce (Santiago) | Ansemil (Santa María) | Barxa (San Tomé) | Bobadela (Santa María) | Cañón (San Lourenzo) | Castromao (Santa María) | Celanova (San Rosendo) | Fechas (Santa María) | Freixo (Santa Cristina) | Milmanda (Santa Eufemia) | Mourillós (San Pedro) | Orga (San Miguel) | Rabal (San Salvador) | A Veiga (San Paio) | Vilanova dos Infantes (San Salvador) | Viveiro (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]