Amirani (volcán)
Amirani | |
---|---|
Mosaico de imaxes a toda cor feitas pola sonda Galileo do volcán Amirani e das súas coladas de lava. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Volcán |
Accidente xeolóxico de | Ío |
Diámetro | 431,5 km km km[1] |
Altitude | ? |
Coordenadas | 24,46° N 114,68° O[1] |
Procedencia do nome | Deus xeorxiano do lume.[1] |
Amirani é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio de vangarda da lúa e as súas coordenadas na superficie da mesma son 24,46° N 114,68° O[1].
Características
[editar | editar a fonte]Amirani ten unha forma de semicírculo, cun cumio volcánico duns 37 km, o cal está conectado a través dun estreito canal cuns campos de lava de máis de 330 kms de longo. A metade sur dos chans de lava de Amirani están rodeados dun deposito circular e difuso de brillante dióxido de sulfuro, creado pola columna rica en sulfuro do propio volcán[2]. O volcán foi visto por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Voyager 1 en marzo do ano 1979[3]. Nese mesmo ano, a Unión Astronómica Internacional daríalle oficialmente o nome de Amirani, deus do lume na mitoloxía xeorxiana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Eruptive center: Amirani on Io". Consultado o 21-08-2010.
- ↑ Davies, A. (2007). "Prometheus and Amirani: effusive activity and insulated flows". En Cambridge University Press. Volcanism on Io: A Comparison with Earth. pp. pp. 208–216. ISBN 0-521-85003-7.
- ↑ Smith, B. A.; e o seu equipo. (1979). "The Jupiter system through the eyes of Voyager 1". Science 204 (4396): 951–972. PMID 17800430. doi:10.1126/science.204.4396.951.