Amadeu Ferreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amadeu Ferreira
Nome completoAmadeu José Ferreira
AlcumeFracisco Niebro, Marcus Miranda e Fonso Roixo
Nacemento29 de xullo de 1950
 Sendim e Atenor e Sendim
Falecemento1 de marzo de 2015
 Lisboa
Causacancro
NacionalidadePortugal
Educado enUniversidade do Porto
Ocupaciónavogado, catedrático de universidade, tradutor e escritor
Linguaportugués, mirandés
editar datos en Wikidata ]

Amadeu José Ferreira, nado en Sendim o 29 de xullo de 1950 e finado en Lisboa o 1 de marzo de 2015, foi un profesor, avogado e escritor portugués que traballou pola revitalización lingüística do mirandés.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado academicamente no ámbito do Dereito, tamén publicou textos como Homicídio Privilegiado e Direito dos Valores Mobiliários, o seu traballo principal céntrase na lingua mirandesa. Na súa produción poética figuran Cebadeiros, Ars Vivendi / Ars Moriendi e Norteando. En prosa publicou La bouba de la Tenerie / Tempo de Fogo, Las Cuntas de Tiu Jouquin, Lhéngua Mirandesa - Manifesto an Forma de Hino e Ditos Dezideiros / Provérbios Mirandeses.[1]

Traduciu obras de varios tipos ao mirandés. Traduciu as obras de Horacio, Virxilio e Catulo, e os clásicos da literatura portuguesa como Os Lusíadas de Luís de Camões, e Mensagem de Fernando Pessoa. Tamén traduciu os catro Evanxeos canónicos e dous volumes de Astérix.[1]

Dentro do ámbito cultural e lingüístico, presidiu a Asociación da Lingua e Cultura Mirandesa (en mirandés: Associaçon de la Lhéngua i Cultura Mirandesa), así como a Academia de Letras de Trás-os-Montes. Tamén foi vicepresidente da Comisión do Mercado de Valores Mobiliarios portuguesa, membro do Consello Xeral do Instituto Politécnico de Braganza e profesor convidado da Facultade de Dereito da Universidade Nova de Lisboa. En 2004 foi nomeado comendador da Orde do Mérito da República Portuguesa.[1] Foi deputado na II lexislatura da Asemblea da República.[3]

Faleceu de cancro na cidade de Lisboa, onde residiu desde 1981 ata a data da súa morte.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Borga, Marcos (1 de marzo de 2015). "Morreu Amadeu Ferreira, um dos maiores investigadores do mirandês". Expresso (en portugués). 
  2. Costas, Xosé-Henrique (2 de marzo de 2015). ProLingua, ed. "Amadeu Ferreira, alma do mirandés". 
  3. Asemblea da República, ed. (7 de marzo de 2015). "XII Legislatura 4.ª sessão legislativa (2014-2015)" (en portugués). 
  4. Rodrigues, António Gonçalves (1 de marzo de 2015). "Morreu Amadeu Ferreira, um dos maiores divulgadores da língua mirandesa". Público (en portugués). 
  5. Gancedo, E. (9 de maio de 2009). "El gran ejemplo de Miranda". Diario de León (en castelán).