Saltar ao contido

Amadeo López Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmadeo López Bello
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Carballeda de Avia, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Ourille, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsHeriberto López Bello
Carmen López Bello Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10983

Amadeo López Bello, nado en Carballeda de Avia o 13 de decembro de 1903[1] e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Amadeo López Vázquez e da mestra Amparo Bello Carballo. Mestre en Beiro (Carballeda de Avia). Participación en mitins no rural acompañando a Felisindo Álvarez Xesteira en diferentes intervencións en parroquias do Carballiño. Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e foi redactor de Escuela de Trabajo. Tamén colaborou na revista Nós onde publicou dúas lendas recollidas por el. En 1933 asistiu a un Congreso internacional contra a guerra e pola paz en Santander. Foi detido en Ourense con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 acusado de presidir un comité comunista.[2]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[3] Foi detido e paseado con Julio González Álvarez, Silvio Torres Díaz e Eloy Romero Luis en Poza das Ras, na parroquia de Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936.

A súa biografía serviu de inspiración para o personaxe "Pinguiña" do libro A taberna do Galo de Celso Emilio Ferreiro.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 54. 
  2. "Detención de un comité comunista" ABC, 24/10/1934.
  3. El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]