Silvio Torres Díaz
Silvio Torres Díaz | |
---|---|
Nacemento | 1913 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 29 de agosto de 1936 |
Lugar de falecemento | Ourille |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Irmáns | Salud Torres Díaz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Silvio Torres Díaz, nado en Ourense cara a 1913 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Salud Torres Díaz. Chofer en Ourense, no Couto. Militante do PCE. Foi detido en abril de 1933 xunto con José Romualdo Iglesias por opoñerse a un desafiuzamento na rúa Dous de maio.[1] Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en outubro xunto coa súa irmá Salud por repartir panfletos instando aos soldados á rebelión.[2] Volveu ser detido a principios de novembro como medida preventiva ante os rumores de folga.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado o 29 de agosto con Julio González Álvarez, Amadeo López Bello e Eloy Romero Luis e o seu cadáver apareceu en Poza das Ras (Ourille).